Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Conferencia "A decoración pictórica dun Balneum de Gallaecia: o xacemento romano de Cambre"

6 de marzo de 2017

Prevista para o próximo 20 de marzo.

María Loira Enríquez, profesora titora da materia de Pehistoria na UNED A Coruña, impartirá, o próximo 20 de marzo a partir das 19:00 horas no salón de actos da sede da UNED na Coruña, a conferencia "A decoración pictórica dun Balneum de Gallaecia: o xacemento romano de Cambre".

Loira comparte un adianto do contido: "A conferencia ten como base un traballo propio sobre os fragmentos de pintura romana achados en Cambre, levado a cabo baixo a dirección da profesora Carmen Guiral, do Departamento de Prehistoria e Arqueoloxía, e publicado baixo a seguinte referencia: LOIRA ENRÍQUEZ, M (2014): "Pinturas murais do xacemento romano de Cambre", Gallaecia, nº 33, pp. 239-256.

O principal obxectivo desta charla é dar a coñecer, en particular aos alumnos de Historia e Historia da Arte, un enclave de interese no noso patrimonio: o xacemento romano de Cambre. A través del profundizarase nos establecementos tipo vila, os espazos termais e os repertorios decorativos en pintura. A escavación arqueolóxica deixou a descuberto estruturas e fragmentos pictóricos do período romano que será analizados e contextualizados ao longo da conferencia. Os escasos restos de pintura romana que puideron chegar ata os nosos días, no ámbito do noroeste, fan que o enclave teña un valor singular".

Esta actividade está organizada pola Delegación de Alumnos da Facultade de Xeografía e Historia UNED A Coruña e é de acceso libre.

---------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 9:30hs el 8 de julio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es