Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Cursos de Verán 2017

23 de mayo de 2017

"Sociedade e cine". Os días 21, 22 e 23 de xuño no Centro Penitenciario de Teixeiro.

Como en anos anteriores, o Centro Asociado UNED A Coruña organiza unha nova edición de Cursos de Verán. A proposta para este ano, en liña coa formación ofertada desde o ano 2014 en colaboración co Centro Penal de Teixeiro, recolle o título "Sociedade e cinema" e desenvolverase presencialmente no penal durante os días 21, 22 e 23 de xuño.

A sesión inaugural do curso será o mércores 21 de xuño ás 9:00 horas, e correrá a cargo de Milagros Otero Parga, Valedora do Pobo de Galicia, que estará acompañada na mesa por Carlos García García, director do Centro Penal de Teixeiro, Fernando Reviriego Picón, director do curso e Germán Carro Fernández, director do Centro Asociado UNED da Coruña.

Fernando Reviriego Picón, director do curso, é profesor titular de Dereito Constitucional na Universidade Nacional de Educación a Distancia, secretario do Departamento de Dereito Político, investigador na Fundación Manuel Giménez Abad e participa activamente na Asociación de Constitucionalistas de España como secretario.

Reviriego estará acompañado na docencia do curso por Miguel Abel Souto, profesor de Dereito Penal na Universidade de Santiago de Compostela, María do Porto Solar Calvo, xurista de Institucións Penais, Germán Carro Fernández, Doutor en Enxeñería Eléctrica, Electrónica e Control Industrial, e director de Centro Asociado UNED da Coruña e María Díaz de Robles Badía, profesora Titora de Educación no mesmo Centro.

Do ámbito de Institucións Penais, pechan a participación docente Carlos García García, director do centro penal de Teixeiro, José Antonio Martín Peláez, subdirector médico no Centro, Laura Sánchez Pérez, profesora titora na UNED A Coruña e Jaime Cardalda, coordinador da área de Formación do centro penal.

Os obxectivos iniciais expostos no curso, que se organiza sesións teóricas, e nunha sesión práctica baixo o formato de mesa redonda, centraranse en coñecer e debater en como o cinema serve de instrumento para analizar a problemática e os retos da nosa sociedade e analizar a liberdade de expresión desde unha perspectiva actual a través do cinema.

Durante o transcurso do curso está previsto realizar unha visita a un dos módulos do Centro Penal.

A realización do curso, á súa finalización, avalarase con 1 crédito ECTS, 2 créditos de libre configuración e 2 créditos MECD.

Hai varios anos que o Centro Asociado UNED A Coruña traslada as clases a Teixeiro. O ano pasado inscribíronse no curso "As novas vías de reinserción: módulos terapéuticos e módulos de respecto" ao redor de cen alumnos, no verán de 2015 foron algo máis de cento vinte inscritos no curso "Os centros penais como espazos multiculturais", e o ano anterior, en 2014, o número de matriculados ao curso "Miradas sobre o peche: saúde e enfermidade mental en prisión" estaba ao redor de cento corenta.

En todas estas edicións a porcentaxe de internos e funcionarios de prisións que se matricularon roldaba o 70%, ou mesmo o 80% no caso concreto do curso celebrado durante o ano 2016.

As principais motivacións dos internos para participar nestas propostas formativas -unha vez consultados- concéntranse en ampliar coñecementos, xerar novas experiencias dentro da vida no centro penal, interactuar con universitarios alleos á contorna penal. Na súa maioría perciben estes cursos como vivencias positivas que lles empuxan ao intercambio de opinións dentro dun ambiente universitario.

Nota de Prensa.

---------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
Día del Libro 2024. Buscamos tus recomendaciones. ¡¡Participa!!+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es