Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de Acollida ao Alumnado. Curso 2018/2019

2 de octubre de 2018

Xornadas de benvida, sesións informativas e obradoiros especializados compoñen as actividades de acollida ao alumnado do Centro UNED A Coruña a partir do 01 de outubro, tanto na sede da Coruña como na aula de Ferrol.

>>Nota de prensa<<

As Xornadas de Benvida e as sesións informativas están especialmente dirixidas a estudantes que se matriculan por primeira vez na UNED, aínda que tamén poden resultar de interese para aquelas persoas que están a pensar en realizar os seus estudos nesta Universidade.

As diferentes sesións teñen como finalidade informar sobre os recursos e servizos dispoñibles no Centro da Coruña, ofrecer soporte e axuda para a adaptación e integración académica do alumnado, resaltando as particularidades do estudo na UNED. En xeral, o Plan de Acollida está pensado para facilitar unha rápida adaptación dos nosos estudantes á contorna universitaria da UNED e ás posibilidades de atención tutorial, presenciais e on- line ás que poden ter acceso.

Os obradoiros desenvolveranse a través da práctica en grupos reducidos. A finalidade destas actividades é introducir ao estudante da UNED na contorna virtual que ha de empregar ao longo do curso, dando a coñecer os principais recursos tecnolóxicos ao seu alcance; pero tamén, orientar ao alumnado na súa formación académica desde unha mirada práctica, informándolles de como presentar traballos de avaliación continua ( PEC), como planificar os seus estudos a longo prazo e como presentarse aos exames na UNED.

Súmanse distintas actividades complementarias propostas como ferramentas de apoio antes e durante o comezo de curso: orientación na xestión á matrícula a través do COIE e axuda presencial desde a unidade de Informática na sede da Coruña.

O acceso a todas as sesións é gratuíto, aínda que é necesaria a inscrición en cada unha das actividades a través da plataforma on- line. Apúntate xa!

  

  Accións de Benvida e Sesións Informativas: 

  

  - Xornada xeral de Benvida ao alumnado do Centro UNED A Coruña: 

  • Día: mércores 3 de outubro de 2018. 

  • Hora: 17:00h. 

  • Lugar: sede A Coruña. 

  • Modalidades: presencial e online (streaming directo). 

- ¿Coñeces a túa facultade? Xornada de Benvida por Facultades: 

Cómo aproveitar ao máximo os recursos que che facilita o teu Centro Asociado: Tutorías e Cursos de extensión universitaria. 

  • Día: martes 2 de outubro de 2018. 

  • Hora: 17:00h. 

  • Lugar: sede A Coruña. 

  • Modalidades: presencial e online (streaming directo). 

- Xornada de Benvida e Presentación da Delegación de Alumnos do Centro UNED A Coruña. 

  • Día: martes 2 de outubro  de 2018. 

  • Hora: 18:30h. 

  • Lugar: sede A Coruña. 

  • Modalidades: presencial e online (streaming directo). 

- Coñece o teu Centro: Xornada de presentación dos servicios do Centro UNED A Coruña

  • Día: martes 09 de outubro de 2018. 

  • Hora: 18:30h.
  • Lugar: sede A Coruña. 

  • Modalidades: presencial e online (streaming directo). 

  

Obradoiros

Coñece a túa Biblioteca

  • Hora: 18:00h. 

  • Lugar: sede A Coruña. 

  • Modalidade: presencial. 

 

Cómo manexar as plataformas e TIC da UNED

  • Lugar: sede A Coruña. 

  • Modalidade: presencial. 

  • Día e Hora: 

    • 1ª edición: venres 5 de outubro de 2018, de 17:00 a 19:00h. 
    • 2ª edición: lun 08 de outubro de 2018, de 17:00 a 19:00h. 
    • 3ª edición: mércores 10 de outubro de 2018, de 11:00 a 13:00h. 
    • 4ª edición: luns 15 de outubro de 2018, de 17:00 a 19:00h. 
    • 5ª edición: mércores 17 de outubro de 2018, de 11:00 a 13:00h. 
    • 6ª edición: luns 29 de outubro de 2018, de 17:00 a 19:00h. 
  

  • Lugar: sede Ferrol. 

  • Modalidade: presencial. 

  • Día e Hora: 

    • 1ª edición: venres 9 de novembro de 2018, de 17:00 a 19:00h. 
    • 2ª edición: venres 16 de novembro de 2018, de 17:00 a 19:00h. 
  

Cómo manexar as plataformas e TIC da UNED: especial alumnado do CUID. 

  • Día: luns 12 de novembro de 2018. 

  • Hora: 17:00 a 19:00 horas. 

  • Lugar: sede A Coruña. 

  •  Modalidade: presencial. 

  

- Obradoiro de Orientación para o éxito no estudo a distancia na UNED. 

  • Día: venres 05 de outubro de 2018. 

  • Hora: 17:00 a 19:00 horas. 

  • Lugar: sede A Coruña. 

  • Modalidades: presencial e online (streaming directo). 

  

- Obradoiro de Orientación para a elaboración e presentación de PEC (**). 

  • Día: primeiro cuatrimestre do curso 2018/19. 

  • Lugar: sede A Coruña. 

  • Modalidades: presencial e online (streaming directo). 

  

- Obradoiro de Consellos básicos de cara ós exames na UNED. 

  • Día: 08 de maio de 2019.
  • Hora: 17:00-18:00h 

  • Lugar: sede A Coruña. 

  • Modalidades: presencial e online (streaming directo). 

  

  

Actividades complementarias: 

  

- Apoio e asesoramiento na formalización da matrícula en línea

Xornada de actualización: "Coñecemento das TIC propias da acción tutorial"

- Orientación na elección de estudios. Sesións presenciais no Centro de Orientación, Información i Emprego (COIE)

(**) Suspendido temporalmente. Desculpade as molestias. 

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es