Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ampliada a matrícula para os 16 idiomas do CUID ata o 16 de novembro

8 de noviembre de 2018

A modalidade en liña é bonificable e todos os matriculados obterán un desconto do 75% na acreditación ACLES

O Centro Universitario de Idiomas Dixital e a Distancia (CUID) ampliou o seu prazo de matrícula unha semana máis, polo que as persoas interesadas poden matricularse ata o próximo 16 de novembro. A formalización da mesma debe realizarse online.

 

O CIUD oferta a posibilidade de estudar 16 idiomas entre os que se inclúen como novidade neste curso o neerlandés e o esperanto, tanto na súa modalidade en liña como semipresencial con titorías nos Centros Asociados. Se queres coñecer a oferta de idiomas do Centro UNED A Coruña, pica aquí.

 

O CUID emite un certificado gratuíto por cada nivel superado. No caso de alemán B1 e B2, francés B1 e B2, e inglés B1, B2 e C1, o CUID conta con exames con acreditación CertACLES, selo de máxima calidade, recoñecido por CercleS (Confederación Europea de Centros de Linguas no Ensino Superior) e aceptado como certificación para a acreditación de nivel de idiomas pola Crue (Conferencia de Reitores das Universidades Españolas).

 

Todo o alumnado do CUID, con independencia do idioma que estuden, poderán beneficiarse do 75 por cento de desconto no prezo das taxas de exame da certificación ACLES, que se reducirá dos 100€ a 25€. Este desconto aplicarase aos niveis B1, B2 e C1 de inglés, B1 e B2 de francés e B1 e B2 de alemán.

 

O Centro Asociado da Coruña oferta en modalidade semipresencial, con titorías de apoio, os seguintes idiomas e niveis:

  • Inglés: Niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2. 

  • Francés: Niveis A1, A2, B1, B2 e C1. 

  • Alemán: Niveis A1 e A2. 

 

De igual modo, a UNED, como entidade acreditada da Fundación Estatal para a Formación no Emprego ( FUNDAE), ofrece a posibilidade de poder beneficiarse das vantaxes da formación as vantaxes da formación bonificable que regula o Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE) e a FUNDAE, polo que a matrícula resultaría gratuíta tanto para os empregados como para as empresas que o soliciten.

 

A oferta do CUID enmárcase no contexto da Formación Permanente da UNED, cuxa matrícula permanece aberta ata o 1 de decembro en período ordinario e ata o 16 de xaneiro de 2019 en período extraordinario. Podes obter máis información aquí.

 

Accede ao CUID desde a web de Centro Asociado e desde o portal UNED.

 

Máis información:

Secretaría sede A Coruña: 981 14 50 51, info@a-coruna.uned.es

Secretaría Aula Ferrol: 981 36 40 26, info@ferrol.uned.es

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es