Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Visitas guiadas ao Castro de Elviña e Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón (A Coruña)

26 de agosto de 2019

Actividade gratuíta, aberta ao público en xeral, con límite de prazas ¡Apúntate xa!

Durante o mes de setembro, a Delegación de Estudantes do Centro UNED A Coruña organiza 4 visitas guiadas a lugares de interese e patrimonio da cidade herculina. Estas actividades teñen como obxectivo principal fomentar o coñecemento e a dinamización cultural coa contorna inmediata, que é un dos valores fundamentais do Centro.

As visitas guiadas, son gratuítas e están abertas ao público en xeral aínda que, debido ao límite de prazas, é necesaria a inscrición previa.

Todas as visitas están organizadas en colaboración co Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, que poñerá ao dispor de cada grupo un/ha guía turístico/a. A duración aproximada de cada visita é de 1 hora.  

CASTRO DE ELVIÑA (A Coruña)

O Castro de Elviña é un poboado en altura con recintos concéntricos fortemente amurallado, cunha entrada monumental en costa flanqueada por torres grandes, e polo menos dous niveis de ocupación: un prerromano e outro de plena época romana. Na escavación arqueolóxica de 1947 apareceu a primeira peza de ouro, un fragmento, que anunciaba o achado, anos máis tarde, do conxunto de diadema-cinto, gargantilla e coar coñecido como "Tesouro de Elviña", que pode contemplarse hoxe no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón.

Prazas dispoñibles: 60.

Datas, horario e inscrición:

  • - Xoves 19 de setembro ás 16:00 horas. Podes inscribirte gratis nesta actividade picando aquí.
  • - Xoves 03 de outubro ás 11:00 horas. Podes inscribirte gratis nesta actividade picando aquí.

MUSEO ARQUEOLÓXICO E HISTÓRICO CASTELO DE SAN ANTÓN (A Coruña)

O museo arqueolóxico está asentado nunha antiga fortaleza do século XVI. Ata o século XVIII foi un edificio defensivo e prisión, posteriormente foi utilizado como lazareto para illar aos mariñeiros que chegaban á cidade afectados de enfermidades infecciosas. Foi inaugurado como museo en 1968 e considérase monumento histórico-artístico desde 1994. O museo alberga obxectos de arqueoloxía como: ourivaría protohistórica, megalítica, da idade de bronce, cultura castrexa, etc.

Prazas dispoñibles: 30.

Datas, horario e inscrición:

  • - Martes 24 de setembro ás 11:00 horas. Podes inscribirte gratis nesta actividade picando aquí.
  • - Xoves 26 de setembro ás 16:00 horas. Podes inscribirte gratis nesta actividade picando aquí.

Estableceuse un punto de encontro para cada visita. As persoas rexistradas en cada actividade deberán estar no lugar indicado polo menos 15 minutos antes do comezo de cada visita para o control de asistencia. O transporte ao lugar de celebración da actividade corre a cargo de cada persoa participante. 

Consulta e descarga o tríptico informativo sobre as visitas guiadas aquí.

¡Apúntate antes de que se esgoten as prazas!

Máis información en:

  • - Secretaría do C.A. UNED A Coruña (rúa Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
  • - Secretaría da aula UNED de Ferrol (rúa María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es
>>Nota de Prensa<< 

--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es