Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aberto o prazo de matrícula para estudar na UNED

7 de julio de 2021

Se queres estudar un grao, máster, micrograo, etc., xa te podes matricular. Desde hoxe ata o 21 de outubro. Consulta toda a información aquí

Desde hoxe, mércores 07 de xullo, xa está aberto o prazo para formalizar a túa matrícula nos diferentes estudos oficiais da UNED.

Se queres estudar un grao, máster, micrograo, etc., na UNED xa te podes matricular ata o 21 de outubro

Elixe os estudos nos que te queres matricular e realiza a túa matrícula totalmente en liña

Para matricularte, necesitas un usuario e contrasinal de acceso ao campus UNED que podes obter por primeira vez desde o Sistema de Obtención do Identificador. Se xa estudaches connosco pero non o lembras, axudámosche a recuperalo.

Tes toda a información na páxina web de Admisión e Matrícula da UNED e podes acceder a ela premendo aquí

Desde esta mesma páxina pódeste matricular en cualquera dos estudos da nosa completa oferta académica, que cursarás mediante unha metodoloxía semipresencial única líder no noso país.

Sabes cómo se estudia na UNED? 

A UNED é a maior universidade de España, cos seus máis de 250.000 estudantes que cursan as súas titulacións oficiais: 28 graos, máis de 80 Másteres EEES, 20 Programas de Doutotramento Internacional, 16 idiomas e máis de 600 cursos de formación permanente

O noso sistema de ensino caracterízase pola utilización dunha metodoloxía didáctica específica, co emprego conxunto de medios impresos, audiovisuais e das novas tecnoloxías, especialmente as comunidades virtuais de aprendizaxe, así como a asistencia presencial e en liña ao alumnado a través do profesorado titor dos Centros Asociados.

Cales son as datas de inscrición e admisión en graos, másteres e doutoramento?

  • Consulta toda a información aquí

Tamén podes realizar o proceso de Admisión de Grados, preciso unicamente en caso de traslado de expediente ou simultaneidade de estudos desde outras universidades españolas, así como a Preinscrición necesaria para cursar calquera Máster Universitario oficial ou un Programa de Doutoramento.

E se tes dúbidas...

Poñemos á túa disposición tres vías para resolver todas as túas dúbidas

- Desde o noso  Centro de Atención ao Estudante (CAE) poñemos á túa disposición toda a información xeral necesaria para resolver as túas dúbidas. Se aínda así necesitas contactar connosco, atenderémosche de forma personalizada a través das canles oficiais.

- Igualmente, o Centro de Orientación e Emprego (COIE) da UNED ofrece recursos e asesoramento para planificar a túa matrícula, facilitar a inserción laboral, mellorar o nivel de empregabilidade e axudar ao emprendedor.

- E lembra que sempre podes contactar cos servizos de Secretaría do Centro Asociado á UNED da Coruña e da Aula de Ferrol para máis información. 

Matricúlate xa!

¡Seguimos online, seguimos contigo!

Más información en:

--------------------------------{}-------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es