Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ciclo de Mediación

22 de septiembre de 2016

5 Módulos de formación integral para conseguir a incorporación ao Rexistro de Mediadores de Galicia.

O próximo 14 de outubro comeza unha nova edición do Ciclo de Mediación que presenta a UNED A Coruña.

Trátase dun programa que se oferta con carácter anual; consta de 5 módulos independentes, de 25 horas cada un; abordarase o conflito desde unha perspectiva teórica e práctica, incidindo nas parcelas do ámbito familiar, penal e educativo.

O seguimento de cada módulo poderase realizar de forma presencial ou por streaming, desde calquera dispositivo con acceso a internet. Concederase 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración, ao termo de cada módulo - fóra das prácticas- e unha vez acreditada a asistencia mínima esixida.

Aqueles alumnos que finalicen o total dos cinco módulos, poderán inscribirse no Rexistro de Mediadores de Galicia.

A Lei 5/2012 de mediación no ámbito civil e mercantil, abre a oportunidade de exercer como mediadores, a aqueles profesionais que estean en posesión do título oficial universitario, ou de formación profesional superior, sempre que conten coa formación específica en mediación necesaria para exercer esta actividade. O Real decreto 980/2013, do 13 de decembro, concreta que dita formación poderase adquirir nun ou varios cursos, cunha duración mínima de 100 horas de docencia efectiva, polo menos un 35 por cento das mesmas, de carácter práctico.

Entre os obxectivos deste Ciclo están satisfacer a demanda de formación en Mediación, tanto de quen por primeira vez achégase a esta materia, como de quen xa posúen unha base teórica e buscan mellorar a súa práctica e proporcionar a formación necesaria.

Esta formación está enfocada a estudantes vinculados ao mundo do Dereito, da Psicoloxía, o Traballo Social, a Educación, etc... A interesados na Mediación como ferramenta de solución de conflitos ou profesionais interesados en exercer como mediadores.

A docente responsable de impartir esta formación, como en todas as edicións anteriores, será Rosa Sánchez González-Dans. Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Máster en Psicoloxía Xurídica pola UNED, especialista en Mediación Familiar pola Universidade de Vigo e Máster Universitario en Mediación pola Universidade de Santiago de Compostela.

Desde o ano 2003 figura inscrita no Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia, labor que compaxina co seu traballo de avogada.

Módulos do Ciclo

Iniciación á Mediación. Teoría e Práctica

  • Datas: 14 e 28 de outubro de 2016.
  • Lugar de celebración: sede UNED A CORUÑA.
  • Duración: 25 horas.
  • Créditos: 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.
  • Modalidade: presencial e por streaming.
  • Máis información aquí.

Mediación no ámbito familiar

  • Datas: 11 e 18 de novembro de 2016.
  • Lugar de celebración: sede UNED A CORUÑA.
  • Duración: 25 horas.
  • Créditos: 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.
  • Modalidade: presencial e por streaming.

Mediación no ámbito penal

  • Datas: 2 e 16 de decembro de 2016.
  • Lugar de celebración: sede UNED A CORUÑA
  • Duración: 25 horas.
  • Créditos: 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.
  • Modalidade: presencial e por streaming.

Mediación no ámbito educativo

  • Datas: 3 e 10 de marzo de 2017.
  • Lugar de celebración: sede UNED A CORUÑA.
  • Duración: 25 horas.
  • Créditos: 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.
  • Modalidade: presencial e por streaming.

Prácticas en Mediación

  • Datas: 21, 28 de abril e 5 de maio de 2017-
  • Lugar de celebración: sede UNED A CORUÑA
  • Duración: 25 horas.
  • Modalidade: presencial.

----------------------------{}---------------------------

NOTA: A información desta noticia e o contido das ligazóns, está actualizada a data da súa publicación de orixe, 22 de setembro de 2016.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

ciclodemediacionunedacoruna
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es