Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Conferencia: “Os xenerais da Ulla”. Documental sobre o entroido dos Xenerais na comarca da Ulla

4 de mayo de 2021

Mañá 5 de maio ás 19:00h terá lugar a derradeira conferencia desta edición do Ciclo #MercoresDeHistoria; lembra que aínda podes inscribirte de balde para seguila en directo ou en diferido

Este mércores 05 de maio finaliza a programación de primavera do ciclo  Mércores de Historia na UNED A Coruña composto, nesta primeira edición de 3 conferencias gratuítas que se viñeron celebrando cada mércores, desde o pasado 21 de abril.  

Como é habitual nas conferencias realizadas desde o Centro Asociado á UNED en A Coruña, estas actividades son gratuítas, abertas ao público en xeral e dirixidas a toda persoa interesada na temática. 

Conferencia: “Os xenerais da Ulla”. Documental sobre o entroido dos Xenerais na comarca da Ulla, que se celebrará o 5 de maio, ás 19:00h, pecha esta edición do ciclo. 

TTodos os anos, entre finais de xaneiro e principios de febreiro, celébranse na comarca do Ulla uns peculiares entroidos chamados “Os Xenerais da Ulla”. Trátase dunha manifestación lúdica na que uns xinetes vestidos de xenerais, con vestimentas bastante estrafalarias, percorren as parroquias da comarca dando vivas e saúdos aos veciños.

Os directores do documental “Os xenerais da Ulla”Miguel Ares e Ángel Cordero, presentarán o filme e falarán desta celebración, así como das experiencias dos participantes e explicarán os detalles técnicos da filmación.  

Debido ás especiais circunstancias de alerta sanitaria polo COVID-19non está permitida a asistencia presencial, polo que se poden seguir exclusivamente en modalidade en liña, tanto en directo coma en diferido. Para poder acceder ás ligazóns de seguimento en ambas as modalidades, é necesario inscribirse na plataforma en liña. . 

Os Mércores de Historia na UNED A Coruña teñen como obxectivo difundir a investigación histórica e arqueolóxica, así como as problemáticas do estudo en casos concretos. A idea fundamental é divulgar sobre diferentes temas de actualidade, investigacións, etc., relacionadas coas áreas temáticas de Arqueoloxía e Historia, principalmente, pero tamén con outras afíns como a Antropoloxía, a Arte, etc. 

Dirixido por María J. Loira Enríquez, doutora en Historia e profesora-titora do grao en Xeografía e Historia e no grao de Historia da Arte no Centro Asociado, este ciclo abordará diferentes traballos, presentados por recoñecidos profesionais das distintas áreas, cuxa finalidade é fomentar o coñecemento histórico e arqueolóxico a través dunha visión xeral da problemática do seu estudo. 

Inscrición gratuíta premendo aquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o 05 de maio de 2021.  
  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible ata o 06 de maio de 2021. 

  • Inscríbite xa e súmate aos Mércores de Historia na UNED A Coruña!

  • Consulta e descarga o díptico informativo sobre o Ciclo premendo aquí

Seguimos online, seguimos contigo!

#MércoresDeHistoriaUNEDACoruña

Máis información en:

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña   

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es