Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Conferencia “Perda auditiva: a enfermidade que afectará ao 25% da poboación en 2050”

11 de junio de 2021

Actividade gratuíta, aberta ao público en xeral que se celebrará o vindeiro luns 14 de xuño ás 19:00 h, nas modalidades en liña de directo mais diferido. Apúntate xa!

A sede da Coruña organiza unha nova conferencia gratuíta dirixida ao público en xeral interesado na materia.

Nesta ocasión, de novo no marco do ciclo de actividades Depende de ti: saúde e calidade de vida, cuxa finalidade é a sensibilización e formación sobre temas de promoción da saúde e o benestar persoal da poboación en xeral e da nosa comunidade universitaria, en particular, no marco das accións da #UNEDSaludable.

A conferencia “Perda auditiva: a enfermidade que afectará ao 25% da poboación en 2050” terá lugar o vindeiro luns 14 de xuño de 2021, ás 19:00 h e será impartida por Marlene Rodríguez Ferreiro, diplomada en logopedia e membro do Colexio Oficial de Logopedas de Galicia.

Segundo o informe publicado pola OMS en marzo 2021, estímase que 1 de cada 4 persoas presentará algún grao de perda auditiva no 2050. Este problema de saúde pública ten unha idade de aparición cada vez menor e unha incidencia cada vez maior con implicacións moito máis amplas que o mero feito de “non oír”. Por tanto, resulta de especial interese entender que é a perda auditiva, como se pode diagnosticar, as súas repercusións e como abordala.

Debido ás especiais circunstancias de alerta sanitaria pola COVID-19,pódense seguir exclusivamente en modalidade en liña, tanto en directo como en diferido. É necesaria a inscrición para poder acceder ás ligazóns de seguimento.

Pódeste inscribir gratis premendo aquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o 14 de xuño de 2021.  
  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible ata o 15 de xuño de 2021. 

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña   

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es