Xa está aberta a Convocatoria Erasmus+ destinada a estudantes da UNED de diferentes carreiras universitarias. Na convocatoria deste curso académico ofértanse 278 prazas en distintas universidades europeas.
O programa Erasmus + ten como obxectivo fortalecer a educación, a formación, a mocidade e o deporte en Europa. O programa está destinado, por tanto, a que os/as estudantes matriculados/as na UNED, poidan realizar unha estancia presencial co fin de cursar estudos e obter ao seu regreso o recoñecemento dos créditos cursados en universidades europeas.
Para iso, deberán realizar unha estancia nunca inferior a 3 meses e, como mínimo, cursar 15 créditos ECTS na universidade estranxeira. Estes créditos serán recoñecidos na UNED tras achegar a documentación xustificativa de superalos.
O prazo para a realización das estancias nas universidades estranxeiras terá lugar durante o curso académico 2019/2020 e como máximo ata o 15 de xullo de 2020, aínda que se pode ampliar este período se se desexa. Para axudar a sufragar os gastos, establecéronse unha serie de axudas mensuais segundo país de destino.
Os/as estudantes da UNED interesados/as en participar no programa Erasmus + poderán realizar a solicitude desde o 15 de xaneiro ata o 25 de febreiro de 2019.
Entre os requisitos para poder optar a este programa están ser cidadán dun dos países que establece o Programa; estar matriculado na UNED antes de ser seleccionado e durante a súa estancia na universidade de destino; estar matriculado polo menos, no segundo ano da titulación (Grao) na que solicita a axuda e ter aprobados como mínimo 60 créditos ECTS no momento de enviar a solicitude, ou nos estudos de máster ou doutoramento; tamén poderán solicitar a axuda os estudantes provenientes doutras universidades con polo menos 60 créditos ECTS recoñecidos e que continuarán os estudos na UNED; e posuír o nivel de idioma específico que aparece en cada praza ofertada.
As prazas dispoñibles segundo Facultades e Escolas son as seguintes:
· - Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial: 10 prazas en universidades de Alemaña, Bulgaria, Italia, Polonia e Romanía.
· - Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática: 9 prazas en universidades de Bulgaria, Italia e Polonia.
· - Facultade de Ciencias:
· a) Sección Ciencias Químicas: 13 prazas en universidades de Alemaña, República Checa, Francia, Portugal e Polonia.
· b) Sección Ciencias Ambientais: 8 prazas en universidades de Portugal.
· c) Sección Ciencias Físicas: 3 prazas en universidades de Bulgaria e Polonia.
· d) Sección Ciencias Matemáticas: 8 prazas en universidades de Italia, Portugal, Romanía e Suecia.
· - Facultade de Educación: 29 prazas en universidades de Austria, Bulgaria, Francia, Croacia, Italia, Letonia e Portugal.
· - Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais: 15 prazas en universidades de Alemaña, Francia, Italia e Portugal.
· a) Sección Turismo: 13 prazas en universidades de Francia, Italia e Romanía.
· - Facultade de Dereito:
· a) Sección Traballo Social: 2 prazas en Polonia.
· b) Sección Dereito: 49 prazas en universidades de Alemaña, Croacia, Italia, Lituania, Portugal e Romanía.
· - Facultade de Filosofía:
· a) Sección Antropoloxía: 10 prazas en universidades de Alemaña e Portugal.
· b) Sección Filosofía: 5 prazas en universidades de Alemaña, Francia e Italia.
· - Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía: 8 prazas en universidades de Francia e Italia.
· - Facultade de Xeografía e Historia: 27 prazas en universidades de Alemaña, Bélxica, Croacia, Francia, Italia e Portugal.
· - Facultade de Filoloxía: 44 prazas para universidades de Bélxica, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Francia, Grecia, Italia, Polonia, Portugal e Romanía.
· - Facultade de Psicoloxía: 25 prazas para universidades de Alemaña, Italia, Polonia e Portugal.
Consulta a convocatoria aquí.
Consulta a lista de prazas ofertadas, as universidades de destino segundo tipo de estudos e os requisitos de idioma aquí.
Accede a todos os documentos e información sobre o programa Erasmus+ aquí.
Máis información en Secretaría do C.A. UNED A Coruña (r/ Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
-------------------------{}------------------------
Síguenos en: