Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso "Historia do Turismo Cultural en España"

15 de noviembre de 2017

Do 11 ao 15 de decembro nas modalidades presencial desde a sede da Coruña, en liña e en diferido.

O Centro Asociado UNED A Coruña, desde o programa de Extensión Universitaria e Cultural, acollerá o curso "Historia do Turismo Cultural en España". Esta actividade divídese en cinco sesións en xornada de mañá que se impartirán do 11 ao 15 de decembro de 2017.

Durante as exposicións farase unha aproximación ao contexto e análise dos factores positivos e negativos do desenvolvemento turístico en España, igualmente farase unha reflexión dos problemas do patrimonio cultural na súa relación co turismo, abordaranse as habilidades na transmisión de ideas e conceptos relacionados co patrimonio e falarase dos coñecementos básicos sobre xestión de recursos turístico-culturais.

Da docencia é responsable Patricia Cupeiro López, profesora e Doutora en Historia da arte na Universidade de Santiago de Compostela, e a dirección estará a cargo de Antón Álvarez Sousa, catedrático da Universidade da Coruña e profesor titor no Centro Asociado UNED A Coruña.

O curso certificarase con 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración e poderase seguir desde a sede na Coruña, en liña e en diferido.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es