As Xornadas de Benvida e as sesións informativas están especialmente dirixidas a estudantes que se matriculan por primeira vez na UNED, aínda que tamén poden resultar de interese para aquelas persoas que están a pensar en realizar os seus estudos nesta Universidade.
As diferentes sesións teñen como finalidade informar sobre os recursos e servizos dispoñibles no Centro da Coruña, ofrecer soporte e axuda para a adaptación e integración académica do alumnado, resaltando as particularidades do estudo na UNED. En xeral, o Plan de Acollida está pensado para facilitar unha rápida adaptación dos nosos estudantes á contorna universitaria da UNED e ás posibilidades de atención tutorial, presenciais e on- line ás que poden ter acceso.
Os obradoiros desenvolveranse a través da práctica en grupos reducidos. A finalidade destas actividades é introducir ao estudante da UNED na contorna virtual que ha de empregar ao longo do curso, dando a coñecer os principais recursos tecnolóxicos ao seu alcance; pero tamén, orientar ao alumnado na súa formación académica desde unha mirada práctica, informándolles de como presentar traballos de avaliación continua ( PEC), como planificar os seus estudos a longo prazo e como presentarse aos exames na UNED.
Súmanse distintas actividades complementarias propostas como ferramentas de apoio antes e durante o comezo de curso: orientación na xestión á matrícula a través do COIE e axuda presencial desde a unidade de Informática na sede da Coruña.
O acceso a todas as sesións é gratuíto, aínda que é necesaria a inscrición en cada unha das actividades a través da plataforma on- line. Apúntate xa!
Accións de Benvida e Sesións Informativas:
- Xornada xeral de Benvida ao alumnado do Centro UNED A Coruña:
- ¿Coñeces a túa facultade? Xornada de Benvida por Facultades:
- Xornada de Benvida e Presentación da Delegación de Alumnos do Centro UNED A Coruña.
- Coñece o teu Centro: Xornada de presentación dos servicios do Centro UNED A Coruña.
Obradoiros:
- Coñece a túa Biblioteca:
- Cómo manexar as plataformas e TIC da UNED:
- Cómo manexar as plataformas e TIC da UNED: especial alumnado do CUID.
- Obradoiro de Orientación para o éxito no estudo a distancia na UNED.
- Obradoiro de Orientación para a elaboración e presentación de PEC (**).
- Obradoiro de Consellos básicos de cara ós exames na UNED.
Actividades complementarias:
- Apoio e asesoramiento na formalización da matrícula en línea.
- Xornada de actualización: "Coñecemento das TIC propias da acción tutorial".
(**) Suspendido temporalmente. Desculpade as molestias.
------------------------~()~-----------------------
Síguenos en: