A atención telefónica pode verse afectada en épocas de moita afluencia de chamadas. Por favor, se non consegue contactar telefonicamente, envíe un correo electrónico a info@a-coruna.uned.es
Contestarémoslle canto antes.
. Período lectivo
. Mañáns: de luns a venres de 9 a 13 h.
. Tardes: de luns a venres de 16 a 19 h.
. Período non lectivo
. luns a venres: de 9 a 13:30 h.
A Secretaría constitúe o servizo de información e atención ao público, no que os usuarios poden informarse de cantos aspectos incumben á actividade universitaria do Centro Asociado, empezando polos requisitos de acceso ás distintas ensinanzas impartidas na UNED.
É o departamento de información e atención ao estudante por antonomasia. Nel obtense información sobre como realizar os trámites académicos, a preinscripción, a matrícula, a solicitude de becas...
Podes acudir á secretaría para realizar:
Tanto consultas xerais sobre a UNED, como concretas sobre o Centro Asociado UNED-A Coruña ou a aula Universitaria UNED-Ferrol: funcionamento, titorías, titulacións que se imparten, requisitos de acceso, prazos de preinscripción, trámites de matrícula, criterios xerais de recoñecemento de créditos, bolsas, ensinanza non regrada, actividades culturais, videoconferencias, prácticas, exames, etc.