Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Outras propostas culturais

2020:

- Colaboración coa campaña apadriña un pingüín 2019/2020, apadriñando a Unedianín , o noso pingüín, cunha dobre función: por unha banda, axudar a conservar o medio ambiente e protexer ás colonias de pingüíns dos efectos do cambio climático sobre o desxeo do seu hábitat e, doutra banda, apoiar a investigación contra o cancro infantil. 21 de xaneiro de 2020.

2019:

Campaña solidaria de recollida de alimentos, organizada polo Banco de Alimentos Rías Altas da Coruña. Sede A Coruña, durante o mes de decembro de 2019. 

- Participación no foro COP25UNED, organizado desde Sede Central con motivo da celebración do Cume do Clima en Madrid (2019), a través de diferentes actividadesseguimento en directo e en diferido dos debates e resumos diarios, celebración dun taller participativo de debate, seguimento de propostas en redes sociaiscaixa de correos de suxerencias na sede da Coruña, creación dun   formulario online para propostas (ao que se pode acceder de forma permanente desde o banner da nosa páxina principal) e deseño da postal de Nadal do Centro en consonancia con esta iniciativa, enmarcada en varios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2020-30 da Organización das Nacións Unidas. O Centro UNED da Coruña foi un dos 11 centros asociados participantes nesta iniciativa. Sede A Coruña, do 02 ao 16 de decembro de 2019.

- En novembro lanzouse a iniciativa do Centro Asociado á UNED da Coruña: : “DEPENDE DE TI: saúde e calidade de vida, en colaboración con UTACA, para promocionar bos hábitos para a mellora da saúde, o benestar e a calidade de vida, tanto na nosa comunidade universitaria como na poboación da nosa contorna. Esta iniciativa parte do compromiso por cumprir co Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS) nº 3 da Axenda 2030 no marco da UNED Saludable.

- O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, na sede da UNED da Coruña regaláronse 100 prantas dos pensamentos denominados "nomeolvides" en recordo das vítimas de violencia machista. Esta iniciativa ligada ao Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS) número 5 da Axenda 2020-30 da Organización das Nacións Unidas foi desenvolta pola  Oficina de Igualdadde la UNED e o Centro Asociado da Coruña foi un dos centros que se sumou a esta campaña. Sede A Coruña, 25/11/2019. 

Colaboración coa revista Campus, promovida polos Representantes de Estudantes da UNED. Está pendente de publicación o nº 1 da revista, cunha reportaxe sobre o Centro Asociado UNED de A Coruña. Outubro de 2019. 

En setembro lanzouse a campaña "UNED A Coruña En Verde" para reducir o uso de plásticos e fomentar un consumo máis sustentable. Durante o período de matrícula, coas compras na librería do Centro, regalamos unha bolsa de tea reutilizable, exclusiva do noso Centro Asociado. O obxectivo principal desta campaña é concienciar á nosa comunidade universitaria sobre a necesidade de reducir o uso de plásticos dun só uso e buscar alternativas máis sustentables e ecolóxicas, en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Axenda 2020-30 da Organización das Nacións Unidas. Sede A Coruña, dende setembro de 2019.   

- XVI edición dos “Encontros cos escritores” en colaboración co Centro de Formación e Recursos da Coruña (CFR):  

- Plan de Acollida ao Alumnado 2019/2020.  Vídeo informativo elaborado polo COIE do Centro UNED A Coruña. 

Participación na elaboración do Plan Estratéxico para Galicia 2021-2030 da Xunta de Galicia, que conta coa participación de máis de 400 expertos/as en 11 mesas de traballo temáticas, seleccionados entre representantes de colectivos sociais, sectoriais, empresariais ou da administración pública. O director do Centro, a proposta da Consellería de Política Social, foi convidado a participar na área de Dinamización demográfica e benestar, un dos eixos principais do Plan. Esta colaboración empezou a realizarse en xuño de 2019 e continúa en 2020.

II Feria de Emprego do Centro UNED A Coruña. Vídeo promocional ¡Ven e atopa a túa oportunidade! (12/06/2019)

- Día do Libro: promovida pola Biblioteca do Centro Asociado UNED A Coruña, elaborouse un ano máis un mosaico coas aportacións do alumnado, profesorado e PAS do Centro. Sede A Coruña, 25/04/2019. 

- XV edición de “Encontros cos escritores” en colaboración co Centro de Formación e Recursos da Coruña (CFR):  

Participación nas "XXVII Xornadas de orientación universitaria e profesional: Ti elixes!" na mesa informativa sobre Universidades (05/04/2019)

- Programación especial do Día Internacional da Muller. Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, organizáronse diferentes charlas, encontros e cursos nos que as mulleres foron as protagonistas. Estas actividades realizáronse durante os meses de febreiro, marzo e abril. 

Programación "Os xoves culturais na UNED da Coruña". Durante os meses de febreiro e marzo celebráronse diferentes conferencias gratuítas, abertas ao público en xeral, para fomentar a dinamización cultural da nosa contorna.

2018:

Campaña solidaria de recollida de alimentos, organizada polo Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña. Sede A Coruña, durante o mes de novembro de 2018.

- XV edición dos “Encontros cos escritores” en colaboración co Centro de Formación e Recursos da Coruña (CFR):  

- Día do Libro: promovida pola Biblioteca do Centro Asociado UNED A Coruña, elaborouse un mosaico coas aportacións do alumnado, profesorado e PAS do Centro. Sede A Coruña, 20/04/2018.

- XIV edición dos “Encontros cos escritores” en colaboración co Centro de Formación e Recursos da Coruña (CFR): 

Charlas informativas nos centros de ensino secundario para dar a coñecer a UNED, o seu alcance académico e a oferta de estudos entre os estudantes de distintos centros educativos da Coruña. Esta actividade levouse a cabo polo director do Centro Asociado e por membros da Delegación de Estudiantes durante o mes de febreiro.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es