Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Modalidades de titoría

Según o anexo do acordo do Consello de Goberno da UNED aprobado o 7 de marzo de 2012 sobre modalidades titoriais (BICI do 25 de marzo), existen diversos tipos de titoría, que se utilizarán en función do número de estudantes matriculados na materia e a súa distribución xeográfica.

As modalidades son:

Titoría de Centro.

Nela o profesor titor leva a cabo sesións de titoría nunha aula cos estudantes dunha materia durante aproximadamente unha hora. Nestas sesións, o profesor titor:

  • Facilita orientacións para a preparación da asignatura.
  • Aclara dúbidas sobre os contidos.
  • Realiza actividades prácticas.
  • Explica os criterios na corrección das PECs.
  • Orienta para as probas presenciais.
Ademáis, participa no seguimento do curso virtual: facilita información no foro da titoría sobre as actividades que vai celebrar na titoría semanal, xa que as dúbidas de contidos serán atendidas nos foros xerais da asignatura polo equipo docente; deste xeito todos os estudantes se benefician de explicacións e aclaracións uniformes e garantidas.

Finalmente, participa na avaliación continua mediante a corrección das probas de evaluación continua, cando así se contemple polo equipo docente da asignatura.

Este tipo de titoría será utilizada con carácter xeral no CAD y no primeiro curso das titulacións de Grao, salvo que, excepcionalmente, o número de estudantes non o faga posible.

No curso 2022/23 todas as sesións de titoría, serán transmitidas mediante Aulas AVIP/MS TEAMS aos estudantes.

Titoría de Campus

Nesta modalidade de titoría, dende un Centro se titoriza simultáneamente a estudantes doutros Centros ou Aulas do Campus mediante a utilización de Aulas AVIP/MS TEAMS. As funcións e tarefas de titoría son as mesmas que no caso anterior.

Titoría Intercampus

Esta modalidade aplícase en asignaturas nas que se prevé menos de 400 estudantes matriculados. Nestas materias asígnase un titor por cada 40 estudantes, según a distribución entre Campus realizada previamente pola Vicerreitoría de Calidade e Innovación Docente. Neste caso, as funcións do profesor titor son as seguintes:

  • Realización de sesións de titoría en liña mediante a ferramenta de conferencia en liña existente na plataforma dos cursos virtuais. Estas sesións teñen unha duración de 50 a 60 minutos. Nelas, o profesor titor: facilita orientacións para a preparación da asignatura; aclara dúbidas de contidos; realiza actividades prácticas; explica os criterios aplicados na correción das PECs; orienta a preparación das probas presenciais. A realización das sesións semanais de titoría distribúese entre os profesores titores da asignatura. Estas sesións son gravadas coa finalidade de facelas accesibles aos estudantes que non puidesen conectarse.
  • Participa no seguimento do curso virtual: atende a través dos foros xeraos as posibles dúbidas sobre os contidos das sesións de titoría que realizase; a través do foro do grupo de titoría mantén o contacto cos estudantes aos que leva en avaliación continua; participa na avaliación continua mediante a corrección das probas de avaliación continua (PECs).
Os equipos docentes destas asignaturas deben levar a cabo unha planificación das sesións de titoría, indicando a cada titor as que lles corresponden.

Titorías mediante AVIP/MS TEAMS

Nos últimos anos procedeuse á implantación progresiva das Aulas AVIP nos Centros Asociados, que facilitan o acceso aos estudantes ás titorías presenciais que se imparten nos Centros.

O obxectivo fundamental das Aulas AVIP/MS TEAMS é facilitar o acceso ás titorías presenciais a estudantes que, polas características dalgunhas materias (fundamentalmente o número de estudantes matriculados), non dispoñen do servizo de titoría presencial.

Criterios de posta en marcha nos Centros Asociados de titorías mediante AVIP/ MS TEAMS.

Cada Centro e cada Campus establecerá os criterios de utilización das AVIP/MS TEAMS, que deberán estar guiados polo obxectivo de facilitar o acceso á titoría presencial mediada por tecnoloxías ao maior número de estudantes posible. Para iso, os Centros, de acordo cos seus Campus, analizarán qué asignaturas non teñen titoría presencial nos Centros do Campus. En función dos medios técnicos dispoñibles farase a programación de titorías AVIP/MS TEAMS.

  • Titorías mediante conferencia en liña ou webconferencia. Posibilita que os alumnos asistan á titoría dende as súas casas sen necesidade de desprazarse ao centro asociado. O alumno só necesita dispoñer dun ordenador dotado de webcam e, preferentemente, auriculares. Neste caso tamén se garante total interactividade entre o alumnado e o profesor, se ben a posibilidade de comunicación verbal queda condicionada pola dispoñibilidade de micrófono polo alumno e polo número de estudantes conectados. En todo caso, os alumnos poden comunicarse co seu titor a través de un chat especialmente habilitado.
Para informarte sobre a modalidade de titoría das asignaturas das que estás matriculado, só tienes que consultar os horarios que che corresponden, ben de A Coruña, ben de Ferrol.

Se queres saber cómo funciona a conferencia en liña, non che perdas este videotutorial.

Y aquí podes acceder a información máis detallada sobre todas as variedades de AVIP.

Horarios provisionais+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
Día del Libro 2024. Buscamos tus recomendaciones. ¡¡Participa!!+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es