Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

En maio... seguimos contigo! Cursos sobre Dereito, Mediación, Xénero, Informática, Historia, ... e conferencias gratuítas!

30 de abril de 2021

Aproveita o teu desconto de estudante UNED para complementar a túa formación e obter 1 ECTS en cada curso. Consulta a nosa programación de Extensión Universitaria para o mes de maio

Desde o Centro UNED da Coruña e a aula de Ferrol animámosche a completar a túa formación con diferentes actividades. 

Este mes de maio programamos cinco cursos sobre diferentes temáticas destinados a que tanto os nosos e as nosas estudantes como a poboación en xeral, poida complementar a súa formación. Ademais, programamos dúas novas conferencias gratuítas, abertas a calquera persoa interesada na materia.

As novas propostas formativas enmárcanse nas temáticas sobre Dereito Penal, Penal, Mediación, Historia e Informática. Solicitouse o recoñecemento de 1 ECTS para tódolos cursos.

Todas as alumnas e os alumnos da UNED contan cunha bonificación no prezo da matrícula en todos os cursos do noso Centro. Tamén se benefician dunha redución do prezo as persoas pertencentes a corpos e forzas de seguridade, ao Colexio Oficial de Procuradores da Coruña e ao Colexio Profesional de Logopedas de Galicia. Para o PAS e o profesorado-titor do Centro UNED A Coruña e da aula de Ferrol a matrícula é gratuíta.

Tódolos cursos teñen unha duración de 25 h e, para poder ser superados e obter o certificado de aproveitamento, ademais da asistencia é necesario realizar tarefas de avaliación. Debido ás especiais circunstancias de alerta sanitaria polo COVID-19, pódense cursar exclusivamente en modalidade en liña. Consulta tódalas opcións a continuación.

Se che interesa o Dereito, a Historia, a Informática, a Mediación, etc., revisa a nosa oferta formativa de Extensión para os próximos meses e non perdas a ocasión de completar os teus estudos.

¡Apúntate xa!

CURSOS DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA

Galicia durante Roma. Conquista e Romanización

  • Data: martes 27 de abril, 4 e 11 de maio de 2021.
  • Hora: 16:30-19:30 horas.
  • Modalidade: emisión online en directo e tamén en diferido.
  • Créditos: 1 ECTS (en trámite).

  • Duración: 25 horas.
  • Impartido por: Rosa Brañas Abad, doutora en Xeografía e Historia e Profesora-titora da UNED de materias de Historia Antigua e Arqueoloxía. 
  • IMPORTANTE: O curso se imparte en gallego; os materiais dispoñibles tamén estarán neste idioma.

En Galicia antes de Roma estudáronse os primeiros contactos do noroeste ibérico co mundo mediterráneo: os fenicios, os cartagineses, os gregos e os romanos. Con estes facíase efectiva a entrada definitiva do noroeste ibérico na Historia Antiga, pois, tras a súa conquista, os Galaicos serían capaces de xerar os seus propios textos escritos, condición esta imprescindible para abandonar a Prehistoria e introducirnos na Historia propiamente dita. 

A conquista romana de Galicia, hai máis de 2000 anos, é o máis antigo referente histórico do pobo galego, o momento ao que se remonta a formación da súa lingua e no que recoñecer as orixes da súa peculiar xeografía humana e da súa característica paisaxe, tanto urbano como rural. Boa parte do que é a realidade galega actual ten a súa orixe naquela época romana, no resultado do encontro entre o pobo indíxena e o conquistador romano, para quen a asimilación do bárbaro galaico importaba bastante menos que a explotación do seu territorio. A partir da crise xeral do Imperio no século III d. C., o galaico deixa de ser barbarus para converterse en rusticus, pero a ese suxeito xa non podemos prestar atención no presente curso, que centraremos no alto Imperio Romano (ou Principado). 

Pódeste matricular premendo aquí:

  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible ata o 12 de maio de 2021. 

A vida en prisión. Aspectos prácticos da privación de liberdade no Dereito Penal Español

  • Data: xoves 6 e venres 7 de maio de 2021.
  • Hora: 16:30-20:30 horas.
  • Modalidade: emisión online en directo e tamén en diferido.
  • Créditos: 1 ECTS.

  • Duración: 25 horas.
  • Impartido por:  Rafael Martínez Fernández, Profesor Asociado de Dereito Penal (Universidad de León) e Funcionario de Carreira do Corpo Superior de Técnicos de Institucións Penais. Especialidade Xurista. 
  • Ciclo "Novas Perspectivas en Dereito penal"

Este curso ten como obxectivo profundar no coñecemento da normativa penal, cun estudo didáctico, crítico e practico dalgunhas institucións e dereitos que regula. O alumnado terá a oportunidade de coñecer aquelas materias relacionadas co réxime penal que inciden especialmente no desenvolvemento da vida dos internos en prisión, tales como o ingreso e a excarceración, as comunicacións e visitas, as medidas de seguridade e vixilancia e os distintos tipos de réxime penal.

Doutra banda, a clasificación en terceiro grao e o controvertido principio de flexibilidade penal, serán obxecto dunha atención especial, ao constituír a base para a aplicación do tratamento individualizado en réxime de semilibertad. Esta parte completarase co estudo dos permisos de saída e as saídas programadas, pola importancia que teñen como mecanismos que permiten a progresiva reincorporación dos penados na sociedade libre. 

Un programa completo co que se pretende achegar a calquera persoa que queira coñecer e, sobre todo, entender, unha realidade social descoñecida -a penal- desde unha perspectiva práctica.

Pódeste matricular premendoaquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o 6 de maio de 2021.  
  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible ata o 10 de maio de 2021. 

Prácticas de Mediación (curso 2020-21)

  • Data: venres 7, 14 e 21 de maio de 2021.
  • Hora: 16:30-20:30 horas.
  • Modalidade: emisión online EN DIRECTO (a asistencia presencial está restrinxida a 5 personas seleccionadas segundo orde de solicitude ate o 04 de maio. É preciso confirmar a matrícula para acceder á información e á solicitude de asistencia presencial)
  • Créditos: 1 ECTS.

  • Duración: 25 horas.
  • Impartido por:  Rosa Sánchez González-Dans, avogada e Máster en Mediación. 
  • Ciclo de Mediación 2020/2021.

Este curso vai dirixido a todas aquelas persoas que dispoñen dunha previa formación teórica en mediación e queren adquirir unha sólida formación práctica. Traballarase en supostos de mediación penal, familiar, civil e mercantil e educativo. A través de exercicios e simulacións de casos, traballaranse as técnicas e as distintas fases do proceso de mediación nos distintos ámbitos, dunha maneira dinámica e participativa, que capacitará para desempeñar a actividade mediadora con eficacia e profesionalidade.

Debido ás especiais circunstancias de alerta sanitaria pola COVID-19, priorizarase a matrícula para o seguimento en liña do curso. Hai reservadas prazas limitadas para a asistencia presencial na sede do Centro Asociado da UNED da Coruña que están condicionadas ao cumprimento das medidas de seguridade e hixiene, así como á normativa vixente no momento da celebración. O Centro se reserva a posibilidade de cambiar a matrícula en modalidade presencial a en liña.

Consulta e descarga o tríptico informativo en castelán ou en galego

Pódeste matricular premendoaquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o 7 de maio de 2021.  

Microsoft Access e bases de datos. Nivel básico (curso 2020-21)

  • Data: luns 10, mércores 12 e venres 14 de maio de 2021.
  • Hora: 09:30-13:30 horas.
  • Modalidade: emisión online en directo e tamén en diferido.
  • Créditos: 1 ECTS.
  • Duración: 25 horas.
  • Impartido por: José Manuel Varela Senra. Doutor en Ciencia e Tecnoloxía. Coordinador Tecnolóxico Centro UNED A Coruña. Postgrado en Comunicación Online e Redes Sociais, Consultor TIC, Social Media Management, experto no desenvolvemeto de contidos audiovisuais, experto en xestión de negocios on-line 2.0 i especialista en comercio electrónico (E-commerce).
  • Ciclo sobre manexo de Microsoft Office 2020-21.

Na era actual o correcto tratamento dos datos converteuse nunha tarefa, practicamente imprescindible. Desta forma, as bases de datos de datos convertéronse nunha ferramenta fundamental, para a xestión e arquivo de información de calquera tipo. No presente curso, preténdense dar as nocións básicas do programa Microsoft Access e das bases de datos en xeral, a nivel básico.

Este curso pode resultar de especial interese para estudantes e persoal vinculado coa xestión e administración de arquivos, así como para calquera profesional vinculado coa administración, tanto pública ou privada. Tamén para opositores/ as a calquera escala da administración pública.

Pódeste matricular premendo aquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o10 de maio de 2021.  
  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible ata o 18 de maio de 2021. 

Podes descargar o tríptico informativo sobre os cursos que compoñen o Ciclo sobre manexo de Microsoft Office en castelán aquí ou en galego aquí.

Outra volta ao delitos relacionados coa violencia de xénero: máis aló da Ley Integral 1/2004

  • Data: xoves 13 e venres 14 de maio de 2021.
  • Hora: 16:30-20:30 horas.
  • Modalidade: emisión online en directo e tamén en diferido.
  • Créditos: 1 ECTS.

  • Duración: 25 horas.
  • Impartido por: Patricia Faraldo Cabana, catedrática de Dereito Penal (UDC) e Eduardo Ramón Ribas, catedrático de Dereito Penal da Universitat de les Illes Balears (UIB), Especialista Universitario en Criminoloxía mais en Dereito Penal e Ciencias Penais.
  • #8M

O curso propón unha análise dos delitos relacionados coa violencia de xénero que, partindo dos reformados pola Lei Integral de 2004 (malos tratos, malos tratos habituais, coaccións leves, ameazas leves), vai máis aló, estudando o impacto do Convenio de Istambul e a introdución dunha circunstancia agravante de discriminación por razóns de xénero. A análise da xurisprudencia máis recente e da doutrina especializada son as bases deste estudo. 

Preténdese expoñer a evolución do concepto de violencia de xénero no noso país, por mor dos cambios que se produciron na normativa internacional, prestando particular atención ás consecuencias que conleva na interpretación e aplicación dos tipos penais. Cuestións coma se existe no noso país un delito de femicidio, se a violencia sexual é violencia de xénero, se a circunstancia agravante de discriminación por razón de sexo cobre un ámbito distinto do abarcado pola discriminación por razón de xénero, serán respondidas durante a sesión. O obxectivo fundamental é dar a coñecer ao alumnado as ricas posibilidades interpretativas que ofrece o concepto de violencia de xénero e a súa interpretación actual polos órganos xudiciais españois

Pódeste matricular premendo aquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o 13 de maio de 2021.  
  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible ata o 18 de maio de 2021. 

CONFERENCIAS GRATUÍTAS

Conferencia: “Os xenerais da Ulla”. Documental sobre o entroido dos Xenerais na comarca da Ulla.

#MércoresDeHistoria

  • Data: mércores 5 de maio de 2021.
  • Hora: 19:00-20:30 horas.
  • Modalidade: emisión online en directo mais en diferido.
  • Duración: 1,5 horas.
  • Impartido por: Miguel Ares Ángel Cordero, directores do documental “Os xenerais da Ulla”. 
  • Ciclo: Mércores de Historia na UNED A Coruña.

Todos os anos, entre finais de xaneiro e principios de febreiro, celébranse na comarca do Ulla uns peculiares entroidos chamados “Os Xenerais da Ulla”. Trátase dunha manifestación lúdica na que uns xinetes vestidos de xenerais, con vestimentas bastante estrafalarias, percorren as parroquias da comarca dando vivas e saúdos aos veciños. 

Os directores do documental “Os xenerais da Ulla”, Miguel Ares e Anxo Cordeiro, presentarán o filme e falarán desta celebración, así como das experiencias dos participantes e explicarán os detalles técnicos da filmación. 

Inscrición gratuíta premendo aquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o 5 de maio de 2021.  
  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible ata o 6 de maio de 2021. 

Conferencia: "As operacións das Forzas Armadas na loita contra a pandemia"

  • Data: mércores 19 de maio de 2021.
  • Hora: 19:00-20:30 horas.
  • Modalidad: emisión online en directo mais en diferido.
  • Duración: 1,5 horas.
  • Impartido por: Capitán de Corbeta Carlos Fernández López, Estado Maior da Defensa (EMAD) / Mando de Operacións (MOPS). Xefe quenda Op. Misión Baluarte.
  • En colaboración co Ministerio de Defensa. Subdelegación da Coruña.

Desde o inicio da alerta sanitaria por COVID-19, as Forzas Armadas tiveron un papel activo na loita contra a propagación da enfermidade, realizando un gran despregamento e levando a cabo multitude de intervencións en diferentes ámbitos de actuación en estreita colaboración co resto de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, organismos institucionais e administracións públicas. 

 Durante este tempo, o Mando de Operacións (MOPS) do Estado Maior da Defensa (EMAD) dirixiu dúas importantes operacións: Balmis e Baluarte, na que participaron os distintos corpos e unidades. Nesta conferencia, o Capitán de Corveta Carlos Fernández López, EMAD / MOPS, Xefe quenda Op. Misión Baluarte, comentará as principais accións levadas a cabo, así como o papel desenvolvido polas Forzas Armadas durante a pandemia. 

Inscrición gratuíta premendo aquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o 19 de maio de 2021.  
  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible ata o 20 de maio de 2021. 

Cursos adiados ao mes de setembro:

Por mor de diferentes motivos de organización e planificación, vémonos na obriga de ADIAR a celebración dos seguintes cursos ao mes de setembro. Nos próximos días confirmarémosvos as nuevas datas de celebración. Sentimos moitísimo tódolos inconvenientes que pueda causar este cambio de fechas y agradecemos vuestra colaboración.

Se xa te matriculaches nalgún destes cursos, consulta o teu correo electrónico ou a sección de documentos de cada actividade en "O meu espazopara obter máis información. 

Visualiza o video resumo coa programación de maio no noso Centro premendo aquí

Consulta a nosa programación para os vindeiros meses premendo aquí.

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña   

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es