Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Delegación de alumnos

27 de julio de 2016

Case 1.500 inscritos accederon ás actividadesformativas gratuítas que propuxo a Delegación de Alumnos do Centro Asociadodurante o curso 2015/2016.

A Delegación de Alumnos do Centro Asociado UNED A Coruña, dentro do seu carácter democrático na función de representación e valor, así como a súa natureza participativa universitaria, veu desempeñando un importante labor cultural neste Centro durante os últimos cursos.

Os membros que compoñen este órgano de representación actualmente e tras as pasadas eleccións, son cinco. Á fronte, como delegado xeneral do Centro Asociado está Eduardo García Lodeiro, que é tamén representante da sección de Enxeñería Industrial. José Manuel Rodríguez Patiño representa á sección de Ciencias, Jonathan Lema Touriñán, á sección de Ciencias Económicas e Empresariais. A sección de Dereito está representada por Mariña Calvo Durán e en Xeografía e Historia está á fronte Ana Álvarez Veira.

Ana Álvarez é a responsable de gran parte das actividades organizadas e desenvolvidas durante este curso académico ao tratarse, na súa maioría, de accións relativas a temas da súa sección: Xeografía e Historia.

Relación de actividades celebradas durante o curso 2015/2016:

· Exoplanetas. Buscando unha nova Terra

· As sete marabillas do antigo Reino de Galicia

· Que é o Neomedievalismo?

· Santa Eulalia de Bóveda como monumento funerario romano

· Visita guiada ao Parque Escultórico da Torre de Hércules

· Da antiga Roma a India: Berenike e a ruta marítima cara a Oriente

· Escultura, instalación e paisaxe no desenvolvemento da plástica contemporánea

· A cidade e a mirada do viaxeiro.

· Galicia nas ilustracións do "Semanario Pintoresco Español"

· GRAFF…Where is the limit? Historia da Arte pública non oficial

· Visita guiada ao Museo de Arte Contemporánea (MAC)

· Influencia da Estética Punk nas recentes producións artísticas europeas

· Visita guiada ao Museo de Belas Artes da Coruña

· A arte que danza

· Visita guiada ao Arquivo do Reino de Galicia

· Ou pintor esiliado

· Visita guiada á Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso I

· Visita guiada á Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso II

· Visita guiada á Galería Vilaseco Hauser

· A ocupación das covas en época romana e visigoda: entre o Ebro e os Pireneos

· Taller de introdución á Numismática

· Visita guiada á Biblioteca Pública Miguel González Garcés

· Visita guiada á Biblioteca Municipal de Estudos Locais (BMEL)

As actividades, todas de carácter gratuíto e enmarcadas dentro do Programa da Extensión Universitaria que ofrece a UNED, en concreto o Centro Asociado na Coruña, organizáronse entre outubro de 2015 e marzo de 2016, viviron o seu pico máis alto durante o mes de abril deste ano, momento no que transcorreu o 36% do groso das accións. Outubro e novembro de 2015 foron meses activos, ocupando un 18% e un 23% respectivamente do total de movementos. Das 22 actividades organizadas por este órgano de representación, un 55% foron conferencias e unhas 41% visitas culturais.

En relación á modalidade de asistencia, un 50% das actividades combinou a posibilidade de asistencia presencial e a de videoconferencia. As actividades que se desenvolveron unicamente de forma presencial, ocuparon un 20% do total.

No relativo ao número de inscritos, a actividade que reuniu a un maior número de matriculados foi o "Taller de Introdución á Numismática", seguido pola conferencia "A ocupación das covas en época romana e visigoda: entre o Ebro e os Pireneos", a charla "Da antiga Roma a India: Berenike e a ruta marítima cara a Oriente" e a conferencia "A arte que danza".

Á fronte destas actividades culturais: profesionais, investigadores, docentes e especialistas no seu ámbito. Cabe destacar a intensa implicación neste Programa dos profesores titores do Centro Asociado, en especial o profesorado das materias de Xeografía e Historia, que ano tras ano se envorca no desenvolvemento desta parcela formativa e cultural.

A posterior valoración destas accións culturais por parte dos asistentes, reforza o compromiso do Programa por parte de toda a organización, asumindo a responsabilidade da súa continuidade e mellora para cursos sucesivos.

Algúns ítems nas valoracións:

  • Preparación técnica do ponente: 4,63 puntos sobre 5.
  • Contidos e coñecementos: 4,11 puntos sobre 5.
  • Desenvolvemento do curso: 4,26 puntos sobre 5.

Fai tan só unhas semanas reestreouse, ao abrigo de nova versión máis accesible, a revista "O faro do saber". Espazo creado a finais do ano 2012, pola Delegación de estudantes deste Centro Asociado con vocación, fundamentalmente, de divulgación científica e cultural, e onde se dá voz a alumnos, profesores, investigadores, colaboradores e redactores. Son varias as novidades nesta reedición; un novo formato, nova estrutura e unha maior dimensión conceptual. Outra novidade é que partir deste momento, todos os artigos que se aparezan publicados nesta revista, estarán protexidos e conservarán os seus dereitos no referente á súa publicación ou reprodución. García Lodeiro asume a dirección da revista, e Mónica Viana Sebastián. a xefatura de redacción.

--------------------------{ }--------------------------

Nota de prensa.

--------------------------{ }--------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
Día del Libro 2024. Buscamos tus recomendaciones. ¡¡Participa!!+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es