Este venres presentámosvos a Mario Fernández Vázquez, alumno do noso Centro Asociado, que se acaba de graduar en Dereito no curso 2018/19.
O seu currículo académico pasa por completar un bacharelato hai anos e superar o curso de acceso á universidade na UNED, así como o grao en Dereito. En canto ao seu currículum profesional, sempre tivo un marcado perfil comercial tanto por conta allea como por conta propia.
O pasado 10 de outubro recolleu o seu diploma no Acto Oficial de Apertura do Curso Académico 2019/20. A continuación, mostrámosvos as súas reflexións acerca do seu paso pola nosa Universidade; esperamos que a súa experiencia sea de exemplo e apoio para quen estades a estudar unha carreira.
Porque desexaba ter unha formación xurídica e a UNED permitíame compaxinalo coa miña vida profesional.
Ambos, xa que sempre sentín atraído polo Dereito e gustaríame poder exercelo profesionalmente.
Sen dúbida, despois de tantos anos sen estudar, enfrontarme a todo isto de novo, fixo que me reformulara e evolucionar a maneira de estudar para poder afrontar a carreira con éxito. Tívenme que reformular toda a planificación co primeiro curso xa iniciado, nun principio, pensei que a forma máis adecuada sería confeccionar os meus propios resumos e apuntamentos, pero dada a extensión das materias vin que non dispoñía do tempo necesario para iso, así que aos poucos fun absorbendo a información directamente dos libros, subliñando o esencial para despois volver sobre iso, deixando o tempo necesario para repasalo e abordar así os exames.
Dentro do mundo xurídico ao que pretendo acceder, é o primeiro paso para todo. Teño a base, agora terei que ir profundando nas distintas materias solicitando a información necesaria doutras fontes.
Evidentemente isto require unha constancia e unha serie de horas que teñen que saír do teu tempo libre, o cal conleva un sacrificio que afectou tamén á miña contorna máis próxima. Aínda que é certo que o afrontaron de bo grado, permitíndome así cumprir os meus obxectivos; facilitáronme moito a tarefa.
Non podo resumir isto con simples adxectivos.
Puntos positivos:
Menos positivos:
Si, de feito estou a facer o Máster de acceso á avogacía. Con todo, neste tipo de carreiras non terminas de estudar nunca, xa que requiren unha actualización contínua.
Imaxe: Mario Fernández Vázquez.
Síguenos en: