Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de Acollida ao Alumno UNED A Coruña

30 de septiembre de 2016

Celebración da Xornada de presentación da Delegación de alumnos.

A semana próxima celebrarase, na sede da UNED coruñesa, a habitual xornada informativa que a Delegación de alumnos do Centro Asociado, programada en cada Plan de Acollida anual. Será o o xoves 6 de outubro, a partir das 16:00 horas durante unha sesión que poderá seguirse de forma presencial ou por streaming.

A xornada exponse como unha acción informativa onde todos membros da Delegación de alumnos expoñerán aos alumnos matriculados por primeira vez ou nos primeiros cursos, o funcionamento desta organización de alumnos, a súa estrutura; seccións con representación e as actividades habituais de traballo. Como en edicións anteriores, está prevista unha exposición dos temas de máis interese para o estudante do Centro Asociado na Coruña, formulación de propostas; planificación de actividades para o curso que acaba de comezar.

Dentro dese programa temático falarase da nova edición de revista Faro do Saber, como unha ferramenta de comunicación entre toda a comunidade universitaria.

A presentación e benvida desta xornada estará a cargo de Eduardo García Lodeiro, delegado de Centro UNED A Coruña e delegado de sección de Enxeñería Industrial, Jonathan Lema Touriñán, subdelegado de Centro e delegado Sección de Ciencias Económicas e Empresariais, Ana Alvarez Veira delegada de Sección de Xeografía e Historia, Mariña Calvo Durán, delegada de Sección de Dereito, e José Manuel Rodríguez Patiño, delegado da Sección de Ciencias.

Imaxe: Delegación de alumnos UNED A Coruña

Fonte: Centro Asociado UNED A Coruña

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es