Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Benvida

Benvidos ao portal web do Centro Asociado da UNED na Coruña.

QUE É A UNED?

A Universidade Nacional a distancia ten como misión o servizo público da educación superior mediante a modalidade de educación a distancia. Para dar resposta a esta misión facilita o acceso ao ensino universitario e a continuidade dos seus estudos a todas as persoas capacitadas para seguir estudos superiores que elixan o sistema educativo da UNED pola súa metodoloxía ou ben por razóns laborais, económicas, de residencia ou calquera outra.

A UNED é a universidade pública:

  • Co maior número de estudantes do país, máis de 250.000.
  • Que conta con máis de 40 anos de experiencia facendo realidade o principio de igualdade de oportunidades no acceso ao ensino superior grazas a unha metodoloxía baseada nos principios da aprendizaxe a distancia, e centrada nas necesidades do estudante.
  • Líder na aplicación de tecnoloxías de vangarda aplicadas á aprendizaxe, coa maior oferta de cursos virtuais do país.
  • Implantada en todas as Comunidades Autónomas a través de 61 Centros Asociados e máis de 100 extensións e aulas.
  • Especialmente preocupada por dar resposta ás demandas de formación de colectivos con necesidades especiais (persoas con minusvalidez, inmigrantes, reinserción de poboación reclusa).
QUÉN ESTUDA NA UNED?

En formación oficial, calquera persoa que superase bacharelato e selectividad, ou que estea en posesión de título de FP II ou ciclo superior de FP.

Os que non teñan estes estudos deberon superar o acceso á Universidade en calquera das súas modalidades (acceso para maiores de 25 anos; para maiores de 45 anos; ou para maiores de 40 anos por acreditación de experiencia profesional).

Os que queren aprender idiomas e mellorar na sua formación continua na aprendizaxe para a vida.

Se estudaches fóra de España, consulta coa nosa Secretaría.

QUE É UN CENTRO ASOCIADO E COMO FUNCIONA?

Os Centros son unidades da estrutura académica da UNED, que serven de apoio ao seu sistema educativo. Todo estudante de Grao, Máster, Enxeñarías ou Diplomaturas da UNED ten que estar adscrito a un Centro Asociado. A adscrición formalízase no momento de encher os formularios de matrícula. O estudante pode optar polo Centro Asociado que máis cómodo lle resulte polo seu lugar de residencia ou por calquera outra circunstancia.

O Centro Asociado é a canle habitual a través do cual ten lugar a relación presencial entre a Universidade e o estudante.

O Centro Asociado canaliza e proporciona información de cantos aspectos atinxen á súa actividade universitaria e ofrece titorías presenciais. Así mesmo, o Centro Asociado ofrece instalacións de apoio ao estudante como biblioteca, laboratorios, aulas de informatica, libraría na que adquirir o material didáctico recomendado para a preparación das materias, cursos de extensión universitaria, Centros de Orientación académica e profesional, etc.

CÓMO SE ESTUDA NA UNED?

Cada estudante poderá matricularse de máis ou menos materias en función da súa dispoñibilidade. Hai que ser realista co tempo que poderemos decicar ao estudo e ter constancia, disciplina e organizarse ben.

CÓMO ME MATRICULO?

Os prazos de matrícula varían en función do tipo de formación (oficial ou extensión universitaria). Xeralmente a matrícula en estudos regulados realízase entre setembro e outubro de cada curso lectivo. Aquí tes toda a información sobre o proceso de admisión e matrícula.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es