Na Historia do Centro Asociado da UNED na Coruña, hai que distinguir varias etapas:
1ª Desde o curso 1976 - 1977 ata o curso 1981 - 1982
Neste momento o centro dependía económica e administrativamente da antiga Universidade Laboral.
O ano de creación foi o 1976. Por orde ministerial de 1 de decembro de 1976 (BOE 15/1/77) e en virtude da firma do convenio de 27/7/76, o Servizo de Universidades Laborais da Dirección Xeral de Servizos Sociais do Ministerio deTraballo crea seis Centros Asociados noutras tantas universidades laborais, entre os que estaba o da Coruña.
2ª Desde o curso 1982 - 1983 ata o curso 1995 - 1996
Cando foron transferidas as competencias de educación pola Administración do Estado á Xunta de Galicia (curso 1982/83) houbo necesidade de crear unha Xunta Reitora para dar continuidade ao centro, pois entre as transferencias non figuraba a UNED nin os seus centros asociados. Asinouse un novo convenio o 11 de febreiro de 1983, xa iniciado o curso. Nese curso o número de titores era 41 e o de alumnos, 755. As carreiras con titorías eran Dereito, Xeografía e Historia, Filología, Psicología, Filosofía e Ciencias da Educación, Físicas, Matemáticas, Químicas, Enxeñaría Industrial e o curso de Acceso á Universidade para maiores de 25 anos e os cursos de Adaptación para profesores de E.G.B. e para peritos e Enxeñeiros Técnico Industriais. No seguinte curso (83/84) comezáronse a tutelar as carreiras de Económicas e Empresariais, co cal atendíase aos alumnos de 12 carreiras. No curso 87/88, aumentáronse dúas novas titulacións, Políticas e Sociología e xa eran 14 carreiras as que dispoñían de atención titorial; e máis recentemente, no curso 93/94, implantáronse dúas novascarreiras, Informática de Sistemas e Informática de Xestión, co que se aumentou a 16 titulacións.
A Extensión de Ferrol comezou as súas actividades no curso 89/90 impartindo só primeiro de Dereito e o curso de Acceso á universidade para maiores de 25 anos. Posteriormente fóronse ampliando as titorías e actualmente impártense tamén asignaturas pertencentes a diversas titulacións.
3ª Desde o curso 1996 -1997 ata o curso 2009 - 2010
O 22 de outubro de 1996 asínase un novo convenio entre a Reitorado da UNED e a Xunta Reitora para a integración do centro na rede básica de centros asociados da UNED, nas condicións que establece o R.D. 1317/1995, de 21 de xullo. Na sede de A Coruña se imparten naquel momento todas as carreiras que hai na UNED, agás Ciencias Ambientais: Dereito, Xeografía e Historia (a extinguir), Historia, Filoloxía Hispánica, Físicas, Matemáticas, Químicas, Enxeñaría Industrial, Políticas, Socioloxía, Psicoloxía, Ciencias da Educación (a extinguir), Pedagoxía, Filosofía,Informática de Sistemas, Informática de Xestión, Administración e Dirección de Empresas, Economía, Diplomatura en Educación Social, Psicopedagoxía, Diplomatura en Turismo, Enxeñaría Informática (segundo ciclo), Antropoloxía Social e Cultural (segundo ciclo), Traballo Social, Enxeñaría Técnica de Mecánica e Enxeñaría Técnica de Electrónica.
4ª Desde o curso 2009 -2010 á actualidade
O maior reto que enfrontou a UNED nos últimos anos foi a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior. Esta comezou no curso 2009-2010 coa implantación dos Graos de Ciencias Políticas, Educación Social, Economía, Estudos Ingleses,Filosofía, Xeografía e Historia, Historia da Arte, Enxeñaría Eléctrica, Enxeñaría Electrónica, Enxeñaría Mecánica, Lingua e Literatura españolas, Psicoloxía e Socioloxía. A estes títulos sumáronse, no curso 2010-2011, os Graos de ADE, Antropoloxía, Dereito, Física, Enxeñaría en Tecnoloxías da Información, Enxeñaría Informática,Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, Matemáticas, Pedagoxía, Química, Traballo Social e Turismo.
O Espazo Europeo de Educación Superior trouxo importantes cambios estructurais, técnicos e metodolóxicos á UNED. Así, creouse unha nova estrutura territorial, os Campus, que aglutinan diversos Centros Asociados coa finalidade de compartir servizos e mellorar a eficiencia. Por outra banda, xunto ás tradicionais titorías presenciais desenvolvéronse outras modalidades titoriais (titorías mediante videoconferencia, webconferencias, titoríasIntercampus…). A suma de todas elas permitiu cumprir cun obxectivo fundamental para a UNED: asegurar a todo alumno a atención titorial, con independencia da titulación ou materia que estea cursando.
Coa apertura do Centro Asociado de Lugo no ano 2009, as aulas de Viveiro e Foz,ata entón dependentes do Centro Asociado da Coruña, pasaron a integrarse no Centro de Lugo.
Actualmente o Centro Asociado UNED-A Coruña conta con aproximadamente 5.000 alumnos de ensinanzas regradas.
Dende decembro de 2014 o Centro Asociado UNED-A Coruña quedou constituído en consorcio adscrito á UNED.