Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de Acollida ao alumno curso 2017/2018

29 de septiembre de 2017

30 actividades concentran las acciones de acogida al alumno este curso 2017/2018.

Xornadas de Benvida, informativas, de presentación de servizos, talleres e cursos así como accións complementarias de orientación e actualización, comezarán o vindeiro luns 2 de outubro nunha xornada presentación a modo de benvida prologada polo director do Centro Asociado UNED A Coruña Germán Carro Fernández e a secretaria Ana Mónica Novo García, sesión que dará inicio a unha trintena de actividades -na súa maioría gratuítas- que finalizarán ao longo do mes de novembro.

O Plan de Acollida do Centro Asociado UNED A Coruña para o curso 2017/2018, fíxase obxectivo principal facilitar o proceso de transición, integración ou continuación á vida universitaria a todos os estudantes. Este plan -actualizado e configurado desde un modelo dinámico e práctico- de actividades, estruturouse para que o alumno poida optimizar todos os recursos que a UNED pon ao seu alcance.

Accións de benvida debulladas en 16 actividades informativas que con carácter xeral, presentarán os distintos servizos do Centro Asociado e onde se explicará como maximizar todas as súas funcionalidades. Servizos de Secretaría, Biblioteca, Centro de Orientación, Información e Emprego (COIE), Delegación de Estudantes, Comunicación, RRSS e presentación de Facultades e Escolas.

Súmanse distintas actividades complementarias propostas como ferramentas de apoio antes e durante o comezo de curso: orientación na xestión á matrícula a través do COIE e axuda presencial desde as distintas unidades de Informática na sede da Coruña e Aula de Ferrol, son algúns dos mecanismos de guía e acompañamento que expón o Centro Asociado.

Actividades máis específicas son os talleres "Como manexar as plataformas e TIC da UNED". Programados seis na Coruña e un en Ferrol onde se fará un achegamento á contorna virtual que que o estudante ha de empregar ao longo do curso, dando a coñecer os principais recursos tecnolóxicos ao seu alcance.

O programa de acollida comprende formación máis técnica e específica que profunda nos mecanismos de estudo na UNED. A través dos "Cursos de Técnicas de Estudo Autorregulado" que se propoñen na Coruña e Ferrol, achegaranse as ferramentas necesarias para o estudo a distancia ao longo de todo o ciclo de ensino superior desde unha perspectiva práctica. Cursos que contribúen a que os alumnos coñezan as características e esixencias do modelo educativo da UNED, á vez que lles permite iniciarse nas técnicas que axudan a mellorar e rendibilizar o estudo.

O noventa por cen de todas estas accións é de acceso libre, previa inscrición na plataforma.

>>Nota de Prensa<<

----------------------------{}---------------------------

Accións de benvida

Xornada Xeral de Benvida ao Centro Asociado UNED A Coruña.

  • Día: 2 de outubro de 2017.
  • Hora: 17:00 horas.
  • Lugar: sede A Coruña.
  • Modalidades: presencial e en liña.

Coñece o Centro de Orientación, Información  Emprego (COIE).

  • Día: 3 de outubro de 2017.
  • Hora: 18:30 horas.
  • Lugar: sede A Coruña.
  • Modalidades: presencial e en liña.

Sesións "Coñece a túa Facultade e Escola"

  • Día: 4 de outubro de 2017.
  • Hora: 17:00 horas.
  • Lugar: sede A Coruña.
  • Modalidade: presencial.

Sesións "Coñece a túa Biblioteca"

  • Días: 5 y 27 de outubro de 2017.
  • Hora: 19:00 y 18:00 horas, respectivamente.
  • Lugar: sede A Coruña.
  • Modalidade: presencial.

Comunicación UNED A Coruña. Dámosche as claves de cómo estar informado (prazos, bolsas, cursos, procedementos ...) ao día na tua vida académica.

  • Día: 6 de outubro de 2017.
  • Hora: 17:00 horas.
  • Lugar: sede A Coruña.
  • Modalidades: presencial e en liña.

Presentación da Delegación de Alumnos UNED A Coruña.

  • Día: 6 de outubro de 2017.

  • Hora: 19:15 horas.
  • Lugar: sede A Coruña.
  • Modalidades: presencial e en liña.

Cursos e Talleres

Talleres "Cómo manexar as plataformas e TIC da UNED"

  • Días: do 3 de outubro ao 7 de novembro de 2017.
  • Hora: consultar os días que se celebran.
  • Lugar: sede A Coruña e Aula de Ferrol.
  • Modalidade: presencial.

Cursos de "Técnicas de Estudo Autorregulado"

  • Días: do 6 ao 10 de novembro de 2017.
  • Hora: consultar cada curso.
  • Lugar: sede A Coruña e Aula de Ferrol.
  • Modalidade: presencial.

Accións complementarias

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es