Xornadas de Benvida, informativas, de presentación de servizos, talleres e cursos así como accións complementarias de orientación e actualización, comezarán o vindeiro luns 2 de outubro nunha xornada presentación a modo de benvida prologada polo director do Centro Asociado UNED A Coruña Germán Carro Fernández e a secretaria Ana Mónica Novo García, sesión que dará inicio a unha trintena de actividades -na súa maioría gratuítas- que finalizarán ao longo do mes de novembro.
O Plan de Acollida do Centro Asociado UNED A Coruña para o curso 2017/2018, fíxase obxectivo principal facilitar o proceso de transición, integración ou continuación á vida universitaria a todos os estudantes. Este plan -actualizado e configurado desde un modelo dinámico e práctico- de actividades, estruturouse para que o alumno poida optimizar todos os recursos que a UNED pon ao seu alcance.
Accións de benvida debulladas en 16 actividades informativas que con carácter xeral, presentarán os distintos servizos do Centro Asociado e onde se explicará como maximizar todas as súas funcionalidades. Servizos de Secretaría, Biblioteca, Centro de Orientación, Información e Emprego (COIE), Delegación de Estudantes, Comunicación, RRSS e presentación de Facultades e Escolas.
Súmanse distintas actividades complementarias propostas como ferramentas de apoio antes e durante o comezo de curso: orientación na xestión á matrícula a través do COIE e axuda presencial desde as distintas unidades de Informática na sede da Coruña e Aula de Ferrol, son algúns dos mecanismos de guía e acompañamento que expón o Centro Asociado.
Actividades máis específicas son os talleres "Como manexar as plataformas e TIC da UNED". Programados seis na Coruña e un en Ferrol onde se fará un achegamento á contorna virtual que que o estudante ha de empregar ao longo do curso, dando a coñecer os principais recursos tecnolóxicos ao seu alcance.
O programa de acollida comprende formación máis técnica e específica que profunda nos mecanismos de estudo na UNED. A través dos "Cursos de Técnicas de Estudo Autorregulado" que se propoñen na Coruña e Ferrol, achegaranse as ferramentas necesarias para o estudo a distancia ao longo de todo o ciclo de ensino superior desde unha perspectiva práctica. Cursos que contribúen a que os alumnos coñezan as características e esixencias do modelo educativo da UNED, á vez que lles permite iniciarse nas técnicas que axudan a mellorar e rendibilizar o estudo.
O noventa por cen de todas estas accións é de acceso libre, previa inscrición na plataforma.
----------------------------{}---------------------------
Accións de benvida
Xornada Xeral de Benvida ao Centro Asociado UNED A Coruña.
Coñece o Centro de Orientación, Información Emprego (COIE).
Sesións "Coñece a túa Facultade e Escola"
Sesións "Coñece a túa Biblioteca"
Comunicación UNED A Coruña. Dámosche as claves de cómo estar informado (prazos, bolsas, cursos, procedementos ...) ao día na tua vida académica.
Presentación da Delegación de Alumnos UNED A Coruña.
Cursos e Talleres
Talleres "Cómo manexar as plataformas e TIC da UNED"
Cursos de "Técnicas de Estudo Autorregulado"
Accións complementarias
----------------------------{}---------------------------
Síguenos en: