Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Historia

Vídeo-clases curso 2019/2020:

- 10/06/2020. Hoxe, derradeiro día de clase, queremos agradecer a túa  participación nas clases online de Historia e adicalo a coñecer a túa opinión. 

Felipe Sénen, profesor da materia de Historia, envía un último vídeo moi especial para rematar as clases deste segundo cuatrimestre tan particular. 

O obxectivo é non entender as clases como un ritual, senón como un guieiro teórico para resolver as circunstancias que nos presenta a vida. Comezando por:

  • - Asumir, poñer a razón.
  • - Entender que todo está en devalar.
  • - Que cada circunstancia require unha solución.
  • - Sempre en beneficio do planeta, da humanidade, da tolerancia, a liberdade e a paz. 

Dende a UNED SÉNIOR A Coruña queremos saber a túa opinión sobre as clases de HISTORIA realizadas durante a alerta sanitaria polo COVID-19 e como resultou a experiencia de seguilas a través de diferentes vías telemáticas. Por iso, pedímosche que respondas a este breve cuestionario:

As respostas son anónimas e nos axudarán a saber a túa opinión. Os datos recollidos teñen a finalidade de axudarnos a mellorar o servizo de cara o seguinte curso. 

Se non es alumno/a do programa pero tes seguido as clases online, tamén queremos coñecer a túa opinión.

Lembra responder tambén ó cuestionario de satisfación xeral. Se non respondiches aínda podes facelo premendo no seguinte enlace:

Moitas grazas ao titor da materia, Felipe Senén, e a todo o alumnado, pola vosa colaboración e participación nas clases online durante esta alerta sanitaria, dando continuidade ao programa da UNED SÉNIOR A CORUÑA. 
Bo verán e moita saúde. 
¡Vémonos no curso 2020/2021!

- 02/06/2020. Na clase de hoxe faremos un percorrido pola historia dos concellos nos que se desenvolve a UNED SÉNIOR da Coruña. 

Como xa sabedes, nestes últimos días de clase queremos adicalos á vosa participación así como á dos titores e titoras das actividades da UNED Sénior A Coruña. Contamos coa vosa colaboración para que nos enviedes as vosas opinións e comentarios sobre a experiencia na UNED SÉNIOR A Coruña así como sobre as clases online realizadas nos últimos meses.  

As nosas clases non se desenvolven no Centro Asociado da Coruña nin na Aula de Ferrol, se non en distintas sedes do rural gallego, ubicadas nos concellos colaboradores de A Baña, Aranga, Boiro, Guitiriz, Irixoa, Lousame, Monfero, Paderne, Padrón, Porto do Son, Rianxo e Xermade. Animámosvos a repasar a súa historia e coñecelos.

  1. A Baña:
  2. Aranga:
  3. Boiro:
  4. Guitiriz:
  5. Irixoa:
  6. Lousame:
  7. Monfero:
  8. Paderne:

  9. Padrón:
  10. Porto do Son.
  11. Rianxo:
  12. Xermade:

Ademáis dos anteriores, animámosvos a consultar a historia dos concellos de Brión Outes

    

- 27/05/2020. Na clase de hoxe trataremos o siguinte tema: Limpeza e conservación do patrimonio cultural.

- Felipe Senén López Gómez. Videoclase 27/05/2020: Usos e abusos da lexívia

- Felipe Sénen López Gómez. Artículo: A lixivia para o patrimonio culturalNos Diario. Publicado el 22/05/20.

Para afondar máis neste tema, recomendámosvos a consulta dos seguintes recursos:

Clases das materias de Historia e Patrimonio Cultural impartidas por Felipe Sénen López Gómez:

- 09/06/2020. Clase de clase

- 27/05/2020. Usos e abusos da lixívia

- 18/05/2020. Día Internacional dos MuseosVídeo enviado por Felipe Senén, que ademáis de ser tutor de Historia da UNED SENIOR A Coruña é secretario de la Academia Galega de Belas Artes.

- 17/05/2020. Puntos pra desenvolver unha clase arredor do "Dia das Letras Galegas" 2020 e de Ricardo Carvalho Calero.

- 12/05/2020. A significación do espíritu ou humanismo para os intelectuais da Xeración Nós, cen anos despois.

- 04/05/2020. Clase sobre Filosofía e Platón: O mundo dos sentidos e o mundo do coñecemento: o que sentimos (subxectividade) e o coñecemento (obxectividade).

- 20/04/2020. Zoomorfose e reflexións arredor do morcego

- 16/04/2020. Coresma do Coronavirus, seguida de tres poemas pra unha interpretación do Humanismo

- 14/04/2020. Actores e actoras da nosa historia.

Recursos online:

Conferencias UNED A Coruña

-  04/05/2018. Fernando Fraga LópezA captación da imaxe en Caravaggio

A partires da análise da obra do pintor italiano Michelangelo Merisi, chamado Caravaggio, o profesor Fernando Fraga López, presenta un estudio sobre a evolución do coñecemento con respecto á captación da imaxe e os seus usos. O autor parte da idea de que a obra de Caravaggio era, sin dúvida, pre-fotográfica. Así, nesta charla presentarase, a través dunha mirada ao pasado, aproveitando as modernas ferramentas dixitais, unha análise de como se desenvolveron determinados aspectos da captación da imaxe. 

Fernando Fraga López é profesor da ETS de Arquitectura da Universidade da Coruña (UDC).

- 15/05/2018. Gustavo García Roig. Nazca: O soño creador. Homenaxe a María Reiche

Esta charla da a coñecer o enclave de Nazca e os seus xeoglifos- Patrimonio Cultural da Humanidade- a través dos estudos de María Reiche e das fotografías do relator. As Liñas e Figuras (Xeoglifos) das Pampas de Nazca de Perú son unha valiosa herencia cultural realizada polos Nascas e os Paracas entre os anos 300 a.C. e os 700 d.C. "Un xigantesco libro de astronomía" según Paul Kosok, Historiador e Antropólogo estadounidense quen, xunto a María Reiche, iniciou o traballo. A UNESCO recoñece ás Pampas de Nazca como "Patrimonio Cultural da Humanidade" no ano 1994, sendo María Reiche a principal impulsora para que se producira este recoñecemento.

Gustavo García Roig é fotógrafo especializado nas "Raíces da Humanidade".

Outros recursos externos

Tamén podedes consultar outros recursos externos gratuítos que atoparedes online, sobre os seguintes temas.

Celtas, Suevos e Reis de Galicia

A música galega

Descubrindo as nosas vilas e cidades

A vida no rural

  

Cursos anteriores:

 11/08/2014. Presentación do profesorado. Felipe Senén López Gómez, Historiador, imparte asignaturas de Historia e Patrimonio Cultural na aula de Xestoso.  

- 30/08/2014. Visita aos parentes do Sur. Crónica da viaxe dos/as alumnos/as ás localidades portuguesas de Ponte da Lima e Porto, realizada por Marcos Nine. 

- 02/09/2014. Xogos de nenos. O alumnado da UNED Sénior lembra os xogos da súa infancia.

Horarios provisionais+info
AVISO: A Biblioteca da sede da Coruña permanecerá pechada o luns 14 de xuño en horario de mañá. Desculpen as molestias.+info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es