Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Recursos Naturais

Vídeo-clases curso 2019/2020:

Materias: Saberes Labregos e Agroecoloxía II e Cociñando os nosos recursos. Alimentación e saúde I. 

- 08/06/2020. Hoxe, derradeiro día de clase, queremos agradecer a túa  participación nas clases online de Recursos Naturais e adicalo a coñecer a túa opinión. 

Dende a UNED SÉNIOR A Coruña queremos saber a túa opinión sobre as clases de RECURSOS NATURAIS realizadas durante a alerta sanitaria polo COVID-19 e como resultou a experiencia de seguilas a través de diferentes vías telemáticas. Por iso, pedímosche que respondas a este breve cuestionario:

As respostas son anónimas e nos axudarán a saber a túa opinión. Os datos recollidos teñen a finalidade de axudarnos a mellorar o servizo de cara o seguinte curso.

Se non es alumno/a do programa pero tes seguido as clases online, tamén queremos coñecer a túa opinión.

Lembra responder tambén ó cuestionario de satisfación xeral. Se non respondiches aínda podes facelo premendo no seguinte enlace:

Moitas grazas ás titoras das materias, Carmen Freire e Lucía Ferreira, e a todo o alumnado, pola vosa colaboración e participación nas clases online durante esta alerta sanitaria, dando continuidade ao programa da UNED SÉNIOR A CORUÑA. 
Bo verán e moita saúde. 
¡Vémonos no curso 2020/2021!

- 01/06/2020. Hoxe as profesoras das materias recomendan a consulta dos seguintes materiais:

- CRTVG. Programa "A Revista" emitido o 29/05/2020. Sección de campo. Clase de poda en verde con Carmen Freire (minuto 17:13). 

  

Como xa vos comentamos, quedan dúas semanas para finalizar o curso. E por iso queremos adicar estes últimos días á vosa participación así como a dos titores e titoras nas actividades da UNED Sénior A Coruña. Contamos coa vosa colaboración para que nos enviedes as vosas opinións e comentarios sobre a experiencia na UNED SÉNIOR A Coruña así como sobre as clases online realizadas nos últimos meses. 

Lembrade que o noso programa Sénior é moi especial:

- Particularidades do programa da UNED SÉNIOR A Coruña

A UNED Senior de Coruña revaloriza as zonas rurais

Como mostra, lembramos agora o relato de Mercedes Cachaza Platas, alumna da Aula de Paderne, que cotou a súa experiencia o 19/02/2014, titulada "Somos maiores e vivimos na aldea". 

Tal e como fixemos a semana pasada, queremos seguir amosando as nosas maravillosas zonas rurais, nas que se atopan as aulas da UNED SÉNIOR A Coruña. O seguinte material (fotografías e comentarios) foi enviado por alumnado da Aula de Xermade e polo coordinador da UNED SÉNIOR A Coruña. ¡Agardamos que vos guste!

- Presentación coas máis de 70 imaxes do Río Fray Bermuz, San Bartolomé de Monfero e o Muíño de Xestoso entre Portolago e Guilfonso, premendo aquí

Río Fray Bermuz: Dez o Batán (Xiao)

FRAY BERMUZ afluente do Río Eume que separa Alto de Xestoso do Val de Xestoso. Coñecido como río Dez, xa que o día 10 de cada mes se celebraba unha feira alí. Nesta paraxe a UNED Sénior da Coruña celebra un encontro entre as dúas parroquias, que antes eran unha soa: XESTOSO. A división fíxose en 1897. 

San Bartolomé de Monfero

Chámanlle o río do parrote.Estes son dous ríos. Un nace arriba, onde están os Eólicos e outro no Couzonaveira. Xúntanse na ponte dos casas. Así que ese río vai por abaixo dos Casas, As Leiras, A Maceira e desemboca no Dez na ponte pequena.Ese caseto que se ve na foto era de Manuel Paz (Manolo de Pantufas). Alí tiña un motor para subir auga para regar.

Muíño de Xestoso: entre Portolago e Guilfonso    

Muíño antiguo que está abaixo no río, entre o Portolago e Guilfonso. 

seguinte vídeo pasouno Teresa de Acción. Podes velo vídeo sobre o Muíño vello de Xestoso premendo aquí.      

       

- 26/05/2020. Hoxe as profesoras das materias recomendan a consulta dos seguintes materiais:

- CRTVG. Programa "A Revista" emitido o 22/05/2020. Sección de campo. Coidamos da horta: xurro de ortigas para as pragas e fortalecer as plantas e consellos naturais para espantar as formigas con Carmen Freire (minuto 01:13:34) 

Para conocer máis sobre as pragas e as plantas, a profesora Carmen Freire recomenda a consulta do seguinte libro:

- Greenwood, Pippa; Halstead, A. (2003): Enciclopedia de las Plagas y Enfermedades de las Plantas. Editorial: Libros Blume. ISBN: 9788480764322.

Para máis información sobre este libro consulta coa profesora. 

Outro material audiovisual:

Tambén podedes ver os programas da Televisión de Galicia nos que colabora Carmen Freire, con diferentes consellos:

  

Os Muíños

Hoxe levámosvos de paseo polos muíños de Galicia. Comezamos a recopilar os muíños das nosas parroquias rurais onde se atopan as aulas da UNED SÉNIOR A Coruña. Pero antes poñemos estes recursos externos:

Empezamos a nosa viaxe polos Muíños de Xestoso. O material foi enviado por alumnas da Aula de Xestoso e polo coordinador da UNED SÉNIOR A Coruña. 

  • Vídeo 1 pulsando aquí
  • Vídeo 2 pulsando aquí

Deixámosvos de seguido unhas imáxes destes muíños:

_Muíño novo entre Xiao e a Graña do Crego:

  • Vídeo sobre este muíño premendo aquí

Muíño do Santo en Direixa:

  • Vídeo 1 sobre este muíño premendo aquí.
  • Vídeo 2 sobre este muíño premendoaquí.

- 20/05/2020. Hoxe as profesoras das materias recomendan a consulta dos seguintes materiais: 

- CRTVG. Programa "A Revista" emitido o 14/05/2020. Sección de campo. Carmen Freire dános consellos para espantar os caracois e as lesmas. Tamén dá consellos para coidar dos tomates (minuto 33:20).  

Recursos Naturais

Para coñecer máis sobre este tema, recomendámosvos consultar os seguintes recursos online:

1. Os Recursos Naturais: Índice. Sección "Os Recursos Naturais" do Blog Educación Ambiental en la República Dominicana. 2009-2019 José E. Marcano M.

1.A) ¿Qué son os recursos naturais?: What are natural resources?. Documental para a sensibilización da población sobre recursos naturais na Área Natural de Manejo Integrado Apolobamba. Publicado por Practical Action o 16/04/2014. 

1.B) ¿Por qué o manexo dos nosos recursos naturais é importante? Neste breve vídeo, o Panel Internacional dos Recursos e a PNUMA (Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente), responde á pregunta: ¿Por qué o manexo dos nosos recursos naturais é importante? Publicado por UN Environment Programme el 02/08/2016.

1. C) Recursos naturais e manexo de recursos. Vídeo para a materia de ecoloxía. Recursos naturais, tipos, manexo de recursos. Ecotecnoloxías e enerxías alternativas. Publicado por Diego alvarez o 06/03/2014.

2. Concienciación sobre a protección do medio ambiente:

2.A) Concienciación sobre a protección do medio ambienteRelación de Ética e Valores co medio ambiente. Publicado por florz delasierra o 14/06/2012.

2.B) Reducir, Reutilizar e Reciclar. Para mellorar o mundo. Hai tres palabras que comezan por erre que me encantan. Son Reducir, Reutilizar e Reciclar. Publicado por Happy Learning Español o 09/05/2017. 

3. Reciclar 

3.A) O que se recicla. Accións para protexer o medio ambiente. Basura, mistura de dous ou máis desperdicios que revoltos entre sí provocan contaminación e perda de recursos naturais. Publicado por Presidencia Felipe Calderón Hinojosa o 07/10/2009. 

3.B.) Produtos feitos con basura unha alternativa para cuidar o medio ambiente. Hecho Verde é unha empresa que naceu dun proxecto escolar e un dos seus principais obxectivos é protexer o medio ambiente a través dos seus produtos. Publicado por 24 HORAS. El Diario sin Límites o 26/04/2015. 

4. Reciclaje y reutilización del plástico:

4.A) Ideas e manualidades.

- Ideas en 5 minutos chicos. 28 ideas para recliclar botellas de plástico

- Ideas en 5 minutos juegos. 25 manualidades impresionantes de botellas de plástico

4.B)  Reutilización.

- Ideas en 5 minutos. 30 maneiras intelixentes para reciclar botellas de plástico

- Ideas simples - simples ideas. 20 ideas increibles con botellas de plástico

Os nosos recursos naturais en imaxes

Terras de Cambás de Aranga

Fotos panorámicas. Podes ampliar e desprazar a imaxen a ambos lados. 

  • Preme aquí para ver a fotografía 1.
  • Preme aquí para ver a fotografía 2. 

Rodrigo Carballeira, inxeñeiro, gandeiro e colaborador da UNED SÉNIOR A Coruña envía as seguintes imáxes de Piñeiro de Xermade para compartir con todo o alumnado Sénior. 

-

- 13/05/2020. Hoxe a profesora da materia, Lucía Ferreira, recomenda a consulta dos seguintes materiais:

- Cultivo de hortalizas ao longo do ano: Control de plagas de lesmas e caracois na horta agroecolóxica. 

Recoméndase a consulta do manual no que podedes atopar ideas e consellos para construir trampas contra as lesmas e caracois. Podes velo e descargalo premendo aquí.

- Outros recursos audiovisuais: O ano do xardiñeiro, de Karel Capek.

Neste enlace atoparedes o audiolibro "O ano do xardiñeiro" do escritor polaco Karel Capek. Un clásico moi divertido para escoitar en días de chuvia.

- 06/05/2020. Hoxe recomendámosvos o vídeo realizado especialmente para a UNED SÉNIOR por Sofía, As Costeiras de CambásAS HERDANZAS DO RURAL: Os novos aprendendo os camiños

E tamén consultar os seguintes recursos online:

- EFE AGRO. Galicia, tan rural como agraria e coa gandeiría sempre presente. 

- EFE AGRO. O xoven gandeiro Tomás Castro ensinanos o seu día a día no campo.

- O Canal de Cultivo do Aguacate. Cultivo de Aguacate || Plantación de aguacate en Galicia España || Salomón Hernández rex.   

- 29/04/2020. A profesora Carmen Freire transmite os seguintes contidos ao seu alumnado:

Antes de comezar, por certo, vou facer publicidade: vai sair o dia 1 de maio ao mercado un libro do programa da TVG Polo Rego no que participo como coautora. Podedes consultar a información premendo na seguinte ligazón: 

COMO XERMINAR TOMATES

Bos días!! Comparto con vós esta experiencia.

No seu momento recollín as sementes de tomates que me interesaban. Como eran poucas, púxenas a secar en papel de cociña.

Cando chegou o momento de plantar hidratei e plantei. Pasaron 15 dias e nin xeito. 

Desconxelei 2 tomates e plantei. Ao día seguinte algúns xerminaran, ¡e mirade 15 días despois! (plantei varios xuntos e onte separeinos)

É O MOMENTO DA PODA EN VERDE DAS FROITEIRAS

A poda verde empeza a ser atendida tamén.

¡E a primavera que non quedou na casa!

AS GALIÑAS COMEN OS OVOS ¿QUÉ SE FAI?

- Pregunta de alumno/a: "A ver, ¿quén sabe un remedio para a galiña que come os ovos?"

- Resposta de Carmen: Posiblemente sea falta de calcio e por eso os come.

Dalle cunchas moídas ou area da praia (plan B). Se non é vicio; entonces plan A: solución para os dous pode ser un poñedeiro con pendiente para que se deslicen os ovos e non os coma.

CULTIVOS PARA TERRAZAS

- Pregunta dun alumno: "Carmen e Lucía, en vista dos feitos, case podíades facervos youtubeiras ou un curso online para resolver tantas dúbidas. E antes de que o rechacedes, planteo a miña: Que se pode cultivar nunha terraza de 4 m² e sol todo o día?"

- Resposta de Carmen: E mentras... podes cultivar nesa terraza absolutamente todo tipo de hortalizas, poñendo todo con marcos de plantación moi xuntiños para aproveitar espazos e a sombra dunhas para outras. Por exemplo: mentras che medran as tomateiras, berenxenas, pementos,... que precisan moito sol, podes poñer entre elas leitugas, espinacas, rúcula, remolacha.

Nos extremos podes poñer as perennes dun ano para outro: acelgas, puerros, apio, ...

ACOLCHADOS PARA AS MALAS HERBAS

- Pregunta de alumno/a: "Bos días, alguén probou algunha vez a botarlle baruta ou serrín ás plantacions de hortalizas ao detalle e habera que mollala pero só con augua, si ben ao vento do norte non aguantará. ¿Qué decides Carmen ou Lucía ou alguén que probara? Gracias e bo día."

- Resposta de Carmen: Que salan as menos herbas posibles. Pero vexo o problema do vento, hasta que se apelmace e o leve.

- Resposta de Lucía: Eu si probei! Coma abonado: restos de poda de froiteiras trituradas, toxo triturado, madeira de conífera triturada. Deixar descompor durante un tempo na leira e despois incorporar con fresa.

As madeiras de pino, tuia e leilandi son moi ácedas e teñen substancias alelopáticas que inhiben a xerminación doutras sementes. Moito mellor é o serrín de froiteiras e matos.

Lembrade que este aporte é moi alto en carbono (procedente da lignina da madeira) e é preciso compensalo con materia orgánica rica en Nitróxeno (esterco, compós ou toxo verde, abonos verdes en xeral). Senón habería un desequilibrio na descomposición que provocaría carencias e lento desenrolo nos cultivos.

Iso si, é unha boa práctica recoñecida que mellora a vida no solo. 

Coma acolchado eu useino en froiteiras e froitos do bosque con bos resultados. En hortalizas funciona ben o toxo; as madeiras de coníferas non!

E que vin en un sitio que lle botaban serrín por o medio das cebolletas.

IDEAS PARA CULTIVAR EN PEQUENAS HORTAS

As profesoras recomendan ver o seguinte vídeo, sobre 35 ideas para facer pequenas hortas:

QUÉ FACER COA PSILA AFRICANA DOS CÍTRICOS?

Ola amigos! Unha observación miña para os que teñades cítricos. Nos brotes que lles saen no inverno, as follas saen cos grumiños (peste.... por exemplo) que eu lle quito. Pero nas que están brotando agora non. Mándovos fotos dos meus. Saudos!!

  • Ver fotos da Psila Africana dos cítricos (Trioza eryth) premendo aquí
AS HORTAS DO ALUMNADO

Gracias ás inestimables enseñanzas de Carmen e agora tamén de Lucía (bancais e protexer o solo das inclemencias, etc.) aunei os seus consellos coa miña corta experiencia. Fixen bancais, pero a nivel do terreno, e despois de compostar e abonar, pudien plantar con todas as vantaxes que comentabades...

¡Mil millóns de gracias ás dúas!

- 22/04/2020. Lucía Ferreira Fernández.

Clase sobre Asociación de cultivos na horta experimental de San Paio do Monte. 

- 15/04/2020. Aviso da profesora Carmen Freire:

 

Como estamos en plena tempada de plantar a horta, se tedes dúbidas sobre este tema podedes contactar coa profesora no correo electrónico arrexo4@gmail.com. ¡Ata poder retomar as clases presenciais hai primavera!

Namentres podedes consultar os siguintes documentos:

  1. Plantas medicinais: usos e cultivos
  2. Cadro resumo de control de pragas e enfermidades
  3. Calendario de cultivos, marcos e plantacións.
  4. Asociacións entre hortalizas e plantas aromáticas.

Tamén podedes guiarvos polas seguinte imaxes de:

Sementeiros

Estrutura da horta

Exemplos de como dispoñer os distintos cultivos 

Para as persoas interesadas en realizar conservas con coliflor, recoméndase a consulta do libro de Oz Telem: Coliflor. Más de 70 formas de concinar una de las verduras más sanas del mundo. Editorial: Libros Cúpula.  

Outro material audiovisual:

Tambén podedes ver os programas da Televisión de Galicia nos que colabora Carmen Freire, con diferentes consellos:

Recursos audiovisuais para a clase do 13/05/2020:

Polo rego: Abrir e xantar, consello e lección de Carme. CRTVG. Programa emitido o 19/11/2018. 

Polo rego: Carme coida as mans á hora de asar pementos. CRTVG. Programa emitido o 15/11/2018. 

Polo rego: Receita de Carme: untable de cabaza. CRTVG. Programa emitido o 13/11/2018. 

Recursos audiovisuais para a clase do 06/05/2020: 

Polo rego: As mans pódennos axudar a facer marcos de plantación, segundo Carme. CRTVG. Programa emitido o 14/11/2018.

Polo rego: Carme apréndenos a facer un escabeche de galiña vella. CRTVG. Programa emitido o 03/12/2018.

Polo rego: Comida sa con Carme, hortalizas ao natural. CRTVG. Programa emitido o 29/11/2018.

Recursos audiovisuais para a clase do 29/04/2020:

-  Polo rego: Facemos unha ensalada de xermolos con Carme. CRTVG. Programa emitido o 12/12/2018.

-  Polo rego: Receita de Carme: chutney con cabaza. CRTVG. Programa emitido o 11/12/2018. 

-  Polo rego: Receita de Carme: mariñadas da horta. CRTVG. Programa emitido el 07/12/2018.  

Recursos audiovisuais para a clase do 22/04/2020:

-  Polo rego: Carme aconsella sementar ou plantar. CRTVG. Programa emitido o 05/12/2018.

-  Polo rego: Carme axúdalle a un amigo a ter unha horta ao pé da cociña. CRTVG. Programa emitido o 27/11/2018.

-  Polo rego: Carme utiliza madeira para facer un bancal elevado onde non hai terra. CRTVG. Programa emitido o 20/11/2018. 

Recursos audiovisuais para a clase do 15/04/2020:

- Polo rego: Aproveitar cebolas que agromaron. CRTVG. Programa emitido o 22/10/2018.

Polo rego: Tomates cereixa en sacos. CRTVG. Programa emitido o  23/10/2018.

Polo rego: Con Carme facemos unha choucroute de repolo. CRTVG. Programa emitido o 25/10/2018.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es