Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Materias UNED Sénior

Curso 2019-2020

Consulta as clases online das distintas materias segundo áreas temáticas:

  1. - Educación física e Ximnasia.
  2. Historia.
  3. Informática.
  4. Inglés
  5. Mediciña.
  6. Música.
  7. Recursos Naturais
  8. Actividades formativas complementarias.    

Planificación semanal das clases virtuais:

- 08 ao 13 de xuño de 2020:

Accede á lista de reproducción en YouTube das clases da UNED Sénior A Coruña premendo aqui

08/06/2020. Dende a UNED SÉNIOR A Coruña queremos saber a túa opinión sobre as clases realizadas durante a alerta sanitaria polo COVID-19 e como resultou a experiencia de seguilas a través de diferentes vías telemáticas. 

Por iso, pedímosche que respondas a este breve cuestionario:

As respostas son anónimas e nos axudarán a saber a túa opinión. Os datos recollidos teñen a finalidade de axudarnos a mellorar o servizo de cara o seguinte curso. 

Se non es alumno/a do programa pero tes seguido as clases online, tamén queremos coñecer a túa opinión.

Moitas grazas a tódolos/as titores/as das distintas materias, aos colaboradores e colaboradoras e a todo o noso alumnado Sénior pola vosa colaboración e participación nas clases online durante esta alerta sanitaria, dando continuidade ao programa da UNED SÉNIOR A CORUÑA. 

Bo verán e moita saúde. 

¡Vémonos no curso 2020/2021!

23/04/2020: Especial Día do Libro na Casa

Este 23 de abril queremos facer unha homenaxe a dúas autoras máis un autor moi especiais para a UNED Senior A Coruña: Francisca Rodríguez Cabanas, Marica Campo e Ramón Loureiro.

16/05/2020: Especial Día das Letras Galegas

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es